O 3 de febreiro é o 34º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 331 días para finalizar o ano, 332 nos anos bisestos.

Acontecementos 1494 - Imprímese no castelo de Monterrei o Missale Auriense, primeiro libro editado en Galiza con tipos móbiles. 1522 - A cidade de Toledo réndese ás tropas de Carlos I durante a guerra das comunidades. 1536 - Pedro de Mendoza funda Buenos Aires por vez primeira. 1651 - O Parlamento de París esixe a destitución do cardeal Mazzarino como primeiro ministro. 1783 - España recoñece a independencia de Estados Unidos. 1923 - Rusia: Kamchatka foi golpeada por un tremor de magnitude 8,5. Descoñécese se houbo mortes. 1966 - A sonda soviética Lúa 9 é a primeira en pousarse sobre a superficie da lúa e emitir fotografías desde o Mar das Tormentas. 1969 - Iasir Arafat é nomeado líder da Organización para a Liberación de Palestina (OLP). 2012 - quebra da aeroliña húngara Malév.

Nacementos miniatura|100px|Felix Mendelssohn. miniatura|100px|Elizabeth Blackwell 1525 - Giovanni Pierluigi da Palestrina, compositor italiano (m. 1594). 1807 - Jenaro Pérez Villaamil, pintor nado en Ferrol. 1809 - Felix Mendelssohn, compositor clásico alemán. 1820 - Dimas Corral Rebellón, médico e profesor galego (m. 1868). 1821 - Elizabeth Blackwell, primeira muller en practicar a medicina nos tempos modernos. 1826 - Walter Bagehot home de negocios, ensaísta e xornalista. 1867 - Manuel Linares Rivas, político e dramaturgo galego (m. 1938). 1870 - Ada Negri, poetisa italiana (m. 1945). 1874 - Gertrude Stein, escritora estadounidense (m. 1946). 1878 - Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego (m. 1966). 1887 - Georg Trakl, poeta austríaco. 1889 - Juan Negrín, fisiólogo e político español (m. 1956). 1898 - Alvar Aalto, arquitecto e deseñador finlandés (m. 1976). 1901 - Ramón J. Sender, xornalista e escritor español (m. 1982). 1909 - Simone Weil, filósofa francesa. 1922 - Tomás Barros, pintor e escritor galego (m. 1986). 1932 - Carlos de Arce Robledo, escritor e xornalista galego (m. 2006). 1934 - Xosé Manteiga Pedrares, filósofo e político galego (m. 2012). 1940 - Xan López Facal, economista e político galego. 1943 - Xosé Luís de Dios, pintor galego (m. 2010). 1947 - Paul Auster, escritor estadounidense. 1947 - Maurizio Micheli, escritor italiano. 1948 - Henning Mankell, escritor e dramaturgo sueco. 1948 - Eduardo Gutiérrez, político e ensaísta galego. 1948 - Carlos Filipe Ximenes Belo, bispo católico timorense, Premio Nobel da Paz. 1950 - María Jiménez, cantante andaluza. 1956 - Lee Ranaldo, rockeiro estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Maria Schneider. 1399 - Xoán de Gante, primeiro duque de Lancaster (n. 1340). 1468 - Johannes Gutenberg, inventor da imprenta (n. 1398). 1862 - Jean-Baptiste Biot, físico, astrónomo e matemático francés (n. 1774). 1882 - Manuel Buceta del Villar, militar galego (n. 1808). 1914 - Celso García de la Riega, político e escritor galego (n. 1844). 1924 – Woodrow Wilson, 28vo presidente estadounidense (n. 1856). 1927 - José Piñeiro González, aviador galego (n. 1878). 1937 - Daniel Vázquez-Gulías Martínez, arquitecto modernista galego (n. 1869). 1959 - Buddy Holly , Ritchie Valens e The Big Bopper, cantantes de rock (accidente de avión) (n. 1936, 1941 respectivamente). 1959 - Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, arqueólogo e aparellador galego (n. 1915). 1964 - Clarence Irving Lewis, filósofo estadounidense (n. 1883). 1989 - John Cassavetes, director de cine norteamericano (n. 1929). 1991 - Estanislao Reverter, piloto de rally e político galego (n. 1929). 1992 - Xerardo Díaz Fernández, mestre e escritor galego (n. 1907). 1995 - María Brey Mariño,bibliotecaria, arquiveira, medievalista e tradutora galega (n. 1910). 2011 - Maria Schneider, actriz francesa (n. 1952). 2020 - George Steiner, crítico e teórico da literatura (n. 1927). 2025 - Helga de Alvear, galerista e coleccionista de arte alemá (n. 1936).

Festas e celebracións Día das Cegoñas. Día Mundial da Cenoria

Outros Santoral: San Brais, Santo Óscar, San Laurentino, Santo Ignacio, San Celerino, San Fiz.

Notas

Os 366 días do ano

03