A Selección de baloncesto de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Federación Española de Baloncesto (FEB) nas competicións internacionais organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) ou o Comité Olímpico Internacional (COI): os Xogos Olímpicos, Campionato mundial de baloncesto e Eurobasket principalmente.
A Selección española está considerada, a 1 de marzo de 2022, a segunda mellor selección do mundo segundo o ránking que elabora a FIBA. Por diante de España tan só está a selección dos Estados Unidos.
A Selección de baloncesto de España formouse, como equipo nacional, en 1935, a fin de participar no primeiro Campionato de Europa da historia, o disputado en Xenebra no verán de 1935, e no que España logrou unha histórica segunda posición. O primeiro partido da historia da Selección foi un amigábel disputado semanas antes do Europeo, en 1935, no que se enfrontou á Selección de Portugal. O éxito do Eurobasket deu á Selección a posibilidade de participar nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936, os primeiros en que houbo competición de baloncesto. España, subcampioa de Europa, era unha das favoritas a acadar medalla, pero non puido asistir ós Xogos a causa do estalido da guerra civil española días antes do inicio dos Xogos.
A sección feminina da selección española non conseguiu clasificarse para uns mundiais ata de Australia 1994, tras gañar o Europeo de Perugia 1993, pero desde aquela non só se clasificou para os tres campionatos seguintes senón que ata o de agora acadou un oitavo posto (Australia 1994), e dous quintos consecutivos Alemaña 1998 e China 2002, o que resulta moi meritorio tendo en conta que só leva 12 anos relacionándose coa elite mundial. A sección feminina da selección española ocupa o 6º posto na clasificación da FIBA.
O maior éxito na historia da Selección Española foi a vitoria no mundial do Xapón 2006. Despois, a medalla de prata acadada nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles de 1984. Nos Eurobasket conquistou sete medallas: cinco de prata e dúas de bronce. Cabe salientar que España gañou a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 1955, a de prata nos de 1987, e a de bronce en 2005. Pola súa parte, a sección feminina ademais do ouro no europeo de 1993, gañou tres bronces europeos consecutivos en 2001, 2003 e 2005, así coma outro bronce nos Xogos Mediterráneos de 2005.
A Selección de baloncesto de España conseguiu a vitoria no MundoBasket 2006 do Xapón no Saitama Super Arena nun partido ante Grecia (47-70), converténdose así en Campioa do Mundo. Poucos días despois deste triunfo consegue o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes 2006. O xogador chantadino Fran Vázquez ía participar neste campionato como membro da selección, pero unha lesión fixo que non puidese estar presente e tivese que ser substituído por Marc Gasol, irmán da estrela do equipo, Pau.
Ademais, España foi a organizadora do Eurobasket 2007, disputado en Madrid, Palma, Alacant, Sevilla e Granada. A Selección de baloncesto de España estaba clasificada como anfitrioa, sendo considerada unha das maiores candidatas á medalla de ouro.
A FEB ten Selección Española Sénior, (formada por xogadores séniores), así coma seleccións Sénior B, sub-20, sub-18, sub-16 e sub-15. Todas elas coas súas correspondentes seccións masculina e feminina. Ademais nas seccións femininas hai unha categoría máis, a sub-19, que no caso dos homes, é unha soa sección xunto cos sub-20.
Xogadores
Masculina Os seguintes xogadores disputaron o torneo masculino de baloncesto dos EuroBasket 2022. Selección española de baloncesto - EuroBasket 2022 Xogadores Pos. # Nome Altura Peso Club
Feminina Seleccionador: Jose Ignacio Hernández. Bases: Silvia Domínguez, Alba Torrens. Escoltas: Laia Palau, Elisa Aguilar, Marta Xargay. Aleiros: Cindy Lima, Amaya Valdemoro, Anna Cruz. Ala-Pivotes: Anna Montañana, Sancho Lyttle. Pivotes: Laura Nicholls, Lucila Pascua.
Palmarés miniatura|A selección española gañadora do Mundial 2006.
Copa do Mundo da FIBA Sección masculina 2 medallas de ouro: 2006, 2019
Sección feminina 1 medalla de bronce: 2010
Xogos Olímpicos Sección masculina Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984. Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.
Preolímpico europeo de baloncesto Sección masculina 1 medalla de prata: 1984. 3 medallas de bronce: 1972, 1980 e 1988 .
Eurobasket Sección masculina 4 medallas de ouro: 2009, 2011, 2015, 2022 6 medallas de prata: 1935, 1973, 1983, 1999, 2003, 2007 3 medallas de bronce: 1991, 2001, 2013 Sección feminina 2 medallas de ouro: 1993, 2013 1 medalla de prata: 2007 4 medallas de bronce: 2001, 2003, 2005, 2009
Xogos Mediterráneos Sección masculina 1 medalla de ouro: 1955. 1 medalla de prata: 1987. 1 medalla de bronce: 2005. Sección feminina 1 medalla de bronce: 2005.
Xogadores históricos
Por partidos xogados
Xogadores que disputaron máis de 100 partidos coa selección: 1. Juan Antonio San Epifanio, 239 2. Juan Carlos Navarro, 237 3. Felipe Reyes, 236 4. Francesc Buscató, 224 5. Rudy Fernández, 211 6. José Manuel Calderón, 193 7. Pau Gasol, 192 8. Wayne Brabender, 190 9. Josep Maria Margall, 188 10. Andrés Jiménez, 187 11. Juan Antonio Corbalán, 178 12. Emiliano Rodríguez, 177 13. Fernando Romay, 174 14. Alberto Herreros, 172 15. Carlos Jiménez Sánchez, 170 16. Jorge Garbajosa, 167 17. Rafael Rullán, 162 18. Luis Miguel Santillana, 160 19. Jordi Villacampa, 158 20. Ferran Martínez, 156 21. Marc Gasol, 152 22. Clifford Luyk, 150 23. Alfonso Martínez, 148 24. Ignacio Solozábal, 142 25. Alfonso Reyes, 140 26. Enric Margall, 136 27. Víctor Claver, 134 28. Juan de la Cruz, 131 29. Manolo Flores, 129 30. Sergio Llull, 129 31. Juan Antonio Orenga, 129 32. Sergio Rodríguez, 128 33. Nacho Rodríguez, 125 34. Fernando Arcega Aperte, 122 35. Josep Lluís Cortés, 118 36. Ricky Rubio, 117 37. Álex Mumbrú, 113 38. José Luis Llorente, 112 39. Vicente Ramos, 109 40. Carmelo Cabrera, 102
Adestradores históricos Anos 30': Mariano Manent. Anos 40': Anos 50': Anselmo López Martín (ata 1950), Jacinto Ardevéniz (1953-1958), Eduardo Kucharsky (1959-1960). Anos 60': Pedro Ferrándiz (1964-1965), Antonio Díaz-Miguel (1965-1992). Anos 70': Antonio Díaz-Miguel (1965-1992). Anos 80': Antonio Díaz-Miguel (1965-1992). Anos 90': Antonio Díaz-Miguel (1965-1992), Lolo Sainz (1993-2001). Anos 2000: Javier Imbroda (2001-2002), Moncho López (2003), Mario Pesquera (2004-2005), Pepu Hernández (2006-2007), Aíto García Reneses (2008). Anos 2010: Sergio Scariolo (2009-2012), Juan Antonio Orenga (2012-2014), Sergio Scariolo (desde 2015)
Partidos históricos
Sección masculina 10 de agosto de 1984. Final dos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984: Estados Unidos 96 - España 65. 14 de setembro de 2003. Final do Eurobasket 2003: España - Lituania 3 de setembro de 2006. Final do Campionato do mundo do Xapón 2006: España 70 - Grecia 47.
Sección feminina 1993. Final do Eurobasket de Perugia: España 63 - Francia 53
Historial Xogos Olímpicos
Sección masculina Berlín 1936: Non participou a causa da guerra civil. Londres 1948: Non clasificada. Helsinqui 1952: Non clasificada. Melbourne 1956: Non clasificada. Roma 1960: Décimo cuarta. Toquio 1964: Non clasificada. México 1968: Sétima. Múnic 1972: Undécima. Montreal 1976: Non clasificada. Moscova 1980: Cuarta. Los Ángeles 1984: Medalla de prata. Seúl 1988: Oitava. Barcelona 1992: Novena. Atlanta 1996: Non clasificada. Sydney 2000: Novena. Atenas 2004: Sétima. Pequín 2008: Clasificada. Londres 2012: Medalla de prata.
Sección feminina Montreal 1976: Non clasificada. Moscova 1980: Non clasificada. Los Ángeles 1984: Non clasificada. Seúl 1988: Non clasificada. Barcelona 1992: Quinta. Atlanta 1996: Non clasificada. Sydney 2000: Non clasificada. Atenas 2004: Sexta. Pequín 2008: pendente. Londres 2012: pendente.
Campionatos do Mundo
Sección masculina Mundial 1950 (Arxentina): Novena. Mundial 1954 (Brasil): Non clasificada. Mundial 1959 (Chile): Non clasificada. Mundial 1963 (Brasil): Non clasificada. Mundial 1967 (Uruguai): Non clasificada. Mundial 1970 (Iugoslavia): Non clasificada. Mundial 1974 (Porto Rico): Quinta. Mundial 1978 (Filipinas): Non clasificada. Mundial 1982 (Colombia): Cuarta. Mundial 1986 (España): Quinta. Mundial 1990 (Arxentina): Décima. Mundial 1994 (Canadá): Décima. Mundial 1998 (Grecia): Quinta. Mundial 2002 (Estados Unidos): Quinta. Mundial 2006 (Xapón): Medalla de Ouro. Mundial 2010 (Turquía): Sexta.
Sección feminina
Mundial 1953 (Chile): Non clasificada. Mundial 1957 (Brasil): Non clasificada. Mundial 1959 (Unión Soviética): Non clasificada. Mundial 1964 (Perú): Non clasificada. Mundial 1967 (Checoslovaquia): Non clasificada. Mundial 1971 (Brasil): Non clasificada. Mundial 1975 (Colombia): Non clasificada. Mundial 1979 (Corea): Non clasificada. Mundial 1983 (Brasil): Non clasificada. Mundial 1986 (Unión Soviética): Non clasificada. Mundial 1990 (Malaisia): Non clasificada. Mundial 1994 (Australia): Oitava. Mundial 1998 (Alemaña): Quinta. Mundial 2002 (China): Quinta. Mundial 2006 (Brasil): Oitava.
Eurobasket
Sección masculina
1935: Medalla de Prata. 1937: Non clasificada. 1939: Non clasificada. 1946: Non clasificada. 1947: Non clasificada. 1949: Non clasificada. 1951: Non clasificada. 1953: Non clasificada. 1955: Non clasificada. 1957: Non clasificada. 1959: Décimo quinta. 1961: Décimo terceira. 1963: Sétima. 1965: Undécima. 1967: Décima. 1969: Quinta. 1971: Sétima. 1973: Medalla de Prata. 1975: Cuarta. 1977: Novena. 1979: Sexta. 1981: Cuarta. 1983: Medalla de Prata. 1985: Cuarta. 1987: Cuarta. 1989: Quinta. 1991: Medalla de Bronce. 1993: Quinta. 1995: Sexta. 1997: Quinta. 1999: Medalla de Prata. 2001: Medalla de Bronce. 2003: Medalla de Prata. 2005: Cuarta. 2007: Clasificada.
Sección feminina 1938: Non clasificada. 1950: Non clasificada. 1952: Non clasificada. 1954: Non clasificada. 1956: Non clasificada. 1958: Non clasificada. 1960: Non clasificada. 1962: Non clasificada. 1964: Non clasificada. 1966: Non clasificada. 1968: Non clasificada. 1970: Non clasificada. 1972: Non clasificada. 1974: Duodécima. 1976: Décima. 1978: Undécima. 1980: Non clasificada. 1981: Non clasificada. 1983: Undécima. 1985: Décima. 1987: Sexta. 1989: Non clasificada. 1991: Non clasificada. 1993: Medalla de Ouro. 1995: Non clasificada. 1997: Quinta. 1999: Nonn clasificada. 2001: Medalla de Bronce. 2003: Medalla de Bronce. 2005: Medalla de Bronce. 2007: Clasificada.
Preolímpico europeo de baloncesto 1964: sexta. 1968: Non clasificada. 1972: Medalla de Bronce. 1976: Non clasificada. 1980: Medalla de Bronce. 1984: Medalla de Prata. 1988: Medalla de Bronce. 1992: Non participou (país anfitrión dos XX.OO.)
Récords da selección Xogador con: máis partidos xogados: Juan Antonio San Epifanio, 239 partidos. máis puntos anotados: Juan Antonio San Epifanio, 3358 puntos. máis puntos anotados nun só partido: Jordi Villacampa, 48 puntos en partido fronte a Venezuela do Campionato do Mundo da Arxentina de 1990. participación en máis Xogos Olímpicos: Juan Antonio San Epifanio, en 4 (Moscova'80, Los Ángeles’84, Seúl’88 e Barcelona’92). máis tempo permanecido na selección: Juan Antonio San Epifanio, 15 anos, tres meses e 19 días. máis medallas conseguidas coa selección: Carlos Jiménez Sánchez, catro en total: 1 ouro (Mundobasket 2006), 2 pratas (Eurobasket 1999 e 2003), e 1 bronce (Eurobasket 2001).
Seleccionador que: dirixiu máis partidos: Antonio Díaz-Miguel, 423 partidos nun total de 27 anos. conseguiu máis medallas: Antonio Díaz-Miguel, cinco medallas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Federación Española de Baloncesto