Coñecemos co termo pelota: Unha pelota, proxectil esférico e de tamaño variábel que se emprega en distintos deportes, coma o fútbol, o balonmán, o tenis ou o golf. A pelota é un deporte individual por equipos que se xoga proxectando unha bóla contra unha parede, das que son variantes a pelota vasca e a pelota valenciana. A pelota francesa, un xogo propio da Francia do século XVIII, antecesor do tenis. A pelota é un dos elementos que compoñen a ximnasia rítmica. O xuramento do xogo de pelota, o compromiso acadado polos representantes do terceiro estado nas vésperas da Revolución Francesa. A cidade de Pelotas, no Brasil, ás ribeiras do río Pelotas. A pelota vasca, un filme do director vasco Julio Medem
Źródło i licencja
Na podstawie: Wikipedia — Pelota (homónimos) · historia autorów.
Tekst: CC BY-SA 4.0.
Informacja o opracowaniu
Usunięto składnię wiki i szablony; dłuższe teksty skrócono.