200px|dereita Cola Cao é unha marca de chocolate en po da empresa Grupo Nutrexpa. Os seus ingredientes son cacao, azucre, noz de cola e sales minerais.
Historia O produto foi creado en 1946, e acadou sona en España na década de 1950 grazas á publicidade na radio, onde se anunciaba coa "canción del negrito", publicitando o produto como «almorzo e merenda ideal». En 1962, coa chegada da televisión a España, empezan os seus primeiros comerciais, que adaptan a sintonía radiofónica a uns debuxos animados.
Dez anos despois, en 1972, Cola Cao pasa a ser «alimento olímpico» ó converterse en patrocinador dos Xogos Olímpicos de Múnic 72. En 1989 chega a China (高乐高 Gao-le-Gao); e en 1992 volve a ser «alimento olímpico» nos xogos Barcelona 92.
Cola cao ten presenza internacional tamén en Portugal e Chile, onde está presente nas variedades Cola Cao Orixinal, Cola Cao Energy, Cola Cao Baixo en Calorías e os cereais Pillows de Cola Cao.
Notas
Véxase tamén Ligazónss externas Páxina oficial de Cola Cao .
Categoría:Empresas de alimentación Categoría:Chocolate