miniatura|Salamántiga galega (Chioglossa lusitanica), anfibio endémico do noroeste da península Ibérica,A súa área de distribución está rextrinxida a Galicia, norte de Portugal e a parte más occidental da cornixa cantábrica. en perigo de extinción. miniatura|Busto de Aristóteles,A filosofía de Aristóteles, discípulo de Platón e con influencias de Parménides, Sócrates, Heráclito e Demócrito, tivo unha enorme influencia no pensamento occidental, especialmente despois do seu redescubremento no século XII; grandes pensadores influídos por el son, entre outros, Avicena, Averroes, Maimónides, Alberte o Magno, Tomé de Aquino, Tolomeo , Copérnico e Galileo. da época imperial romana, en mármore e alabastro, copia do orixinal, en bronce, obra do escultor grego Lisipo (ca. 330 a.C.)
A zooloxía (dos termos do grego antigo ζῷον zõon, 'animal', e λόγος lógos, 'discurso', 'tratado') é a ciencia que estuda os animais, incluíndo a súa estrutura, embrioloxía, evolución, clasificación, hábitos e distribución de todas as especies.
Reunindo varias disciplinas e utilizando numerosas técnicas, esta ciencia foi lentamente elaborada a través do paso dos tempos, desde a máis remota antigüidade. Historicamente, as primeiras reflexións precientíficas referidas á zooloxía que chegaron até a actualidade son as do filósofo grego Aristóteles, do século IV a. C. As tentativas de clasificación das especeies animais foron numerosas e frecuentemente modificadas desde aquela época.
A controvertida distinción entre zooloxía e botánica miniatura|O corais, son animais ou plantas?
A fronteira entre a zooloxía, que estuda os animais, e a botánica, que estuda os vexetais, sempre foi obxecto de controversias, e aínda o é a día de hoxe.
Algúns seres vivos, que tradicionalmente foran considerados vexetais, resultaron seren animais. E mesmo hoxe, nos albores do século XXI, hai organismos que son obxecto de discusións. Para estes seres vivos atípicos, a pertenza a unha ou a outra das ciencias, está hoxe aclarándose grazas aos avances e descubrimentos técnicos e científicos (entre outros, a microscopía electrónica ou a análise do ADN).
Se a maior parte dos metazoos foron sempre indiscutibelmente considerados como animais, certos metazoos inferiores estaban aínda no século XIX situados nunha categoría particular denominada "Zoófitos" (etimoloxicamente animais-plantas).
Este grupo comprendía tradicionalmente os esponxiarios, os cnidarios e os ctenóforos. E Linneo clasificaba nesta categoría a moluscos cefalópodos como a xiba, gasterópodos como as borrachas (Aplysia punctata), e tamén a equinodermos como os ourizos, as estrelas e os cogombros de mar.Valmont de Bomare (1775): Dictionnaire raisonné universel d'histoire naturelle, Brunet, Paris, tomo IX, p. 474. E non foi até o ano 1744 que Jean André Peyssonnel recoñecera os corais como animais; incluso os eponxiarios non foron recoñecidos como animais até 1825.VV. AA. (1974): Grande encyclopédie Alpha des sciences et techniques, Zoologie, tomo I, Grange Batelière, Paris.
O caso dos protozoos é aínda máis problemático. O estudo dos seres unicelulares amosa formas ambiguas nas que a distinción entre animal e vexetal no é clara.
Algúns, como as especies de Euglena ou certos peridíneos (dinoflaxelados), que poden teren nutrición autótrofa ou heterótrofa, hai moito tempo que están situados na fronteira entre ambas as disciplinas. En efecto, hai algúns organismos unicelulares que teñen clorofila (carácter do "estado vexetal"), pero que son móbiles e teñen unha membrana celular flexíbel (carácter do "estado animal").
Na segunda metade do século XIX, Ernst Haeckel, considerando que a coexistencia destes caracteres fora herdada de antepasados comúns aos animais e aos vexetais, creou, en 1866, para os organismes unicelulares o reino dos protistas (Protista). A protistoloxía, estudo científico dos protistas, encóntrase, pois, relacionado á vez coa zooloxía e a botánica. Porén, aínda permanece unha certa dicotomía tradicional: os zoólogos estudan as formas con "afinidade animal", e os botánicos as formas con "afinidade vexetal". As delimitacións e clasificacións dos protistas propostas polos expertos diverxen entón considerabelmente segundo a disciplina de que se trate.
Os investigadores intentaron delimitar os dous reinos, "animal" e "vexetal", que tenden a confundirse no seo dos flaxelados, pola coexistencia entre os zooflaxelados e os fitoflaxelados. Para os biólogos que, como Cavalier-Smith, a finais do século XX, recomendaban non utilizar o termo "animais unicelulares", a zooloxía é o estudo dos animais e dos protozoos.Thomas Cavalier-Smith, "A revised six-kingdom system of life", Biological Reviews, Cambridge Philosophical Society, Vol.73, Nº.3, agosto de 1998, p. 234.
A comezos do século XXI, os datos da bioloxía molecular permiten apreciar de forma máis fiábel as relacións de parentesco entre as liñaxes dos organismos vivos. Alveolata."Alvélobiontes", in Hervé Le Guyader e Guillaume Lecointr], Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, p. 111. ISBN 2-7011-4273-3 Foi posto en evidencia un estreito parentesco entre os cilióforos (ciliados), os esporozoos e os dinoflaxelados. Os dous primeiros grupos estaban anteriormente relacionados cos animais (protozoos) e o terceiro cos vexetais (fitoflaxelados), segundo a ausencioa ou a presenza de clorofila. Euglenozoa."Euglénobiontes", in Hervé Le Guyader et Guillaume Lecointre, Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, pp .128-129. ISBN 2-7011-4273-3. Os tripanosomas incoloros (por exemplo Trypanosoma brucei, o axente patóxeno da enfermidade do sono) están próximos ás euglenas clorofílicas. Heterokonta."Straménopiles", in Hervé Le Guyader et Guillaume Lecointre, Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, pp.118-119. ISBN 2-7011-4273-3. Unha mesma liñaxe reúne antigos protozoos, as opalinas (entre outras, parasitas da vexigas das ras), antigos fungos (entre eles Plasmopara viticola, o axente patóxeno do mildio da videira) e algas pardas pluricelulares, como os Fucus e as laminarias. Opisthokonta."Opisthocontes", in Hervé Le Guyader et Guillaume Lecointre, Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, p. 135. ISBN 2-7011-4273-3. O antigo reino animal, privado da maior parte das formas unicelulares que antigamente se relacionaban con el, parece próximo a un grupo que comprende a maioría dos antigos fungos. Entre as formas unicelulares, só o grupo dos coanoflaxelados ou Choanomonada queda como directamente emparentado cos metazoos, dos que constitúe un grupo irmán.
Os modernos métodos da cladística permitiron distinguir a liñaxe verde (que concirne indiscutibelmente á botánica e á ficoloxía), os opistocontos (que concirnen á zooloxía e á micoloxía), a liñaxe parda (ficoloxía), e diversas liñaxes nas que a pertenza a tal ou cal disciplina non está aínda esclarecida.
Historia
Prehistoria
O home iniciou a zooloxía xa na prehistoria: a medida que ía entrando en contacto cos seres vivos (en especial, os animais) foinos coñecendo e utilizando de acordo coas súas necesidades.
A calidade dos coñecementos que tiña acerca da natureza reflíctese nas pinturas rupestres deixadas en cavernas polo home de Cro-Magnon.
Na revolución neolítica, á domesticación dos animais seguiu un coñecemento aínda máis adecuado dos fenómenos da natureza. As prácticas médicas rudimentarias involucraban certa clase de coñecementos sobre a anatomía humana, así como dos animais que se utilizaban na alimentación e para o traballo, que lle deron certos coñecementos superficiais das súas estruturas.
Idade Antiga
Oriente Medio e Extremo Oriente
As escolas de medicina da antigüidade realizaban diseccións de animais con fins de comparación anatómica e adestramento cirúrxico. En Babilonia, os sacerdotes coñecían algo acerca da anatomía animal (particularmente dos que sacrificaban) e de medicina; porén, esta última estaba intimamente ligada coa astroloxía. A medicina do antigo Exipto era máis práctica.
Os exipcios e os asirios realizaron observacións sobre vermes parasitos do home. Os antigos xudeus contribuíron cos seus coñecementos ás concepcións modernas de hixiene.
No Extremo Oriente o coñecemento da natureza e da medicina non estaba tan avanzado como noutros aspectos da cultura.
Antigüidade clásica
Grecia
Hipócrates (460–377 a.C.) está considerado como unha das figuras máis destacadas da historia da medicina e moitos autores refírense a el como o "pai da medicina moderna",Useful known and unknown views of the father of modern medicine, Hippocrates and his teacher Democritus., U.S. National Library of MedicineHippocrates , Microsoft Encarta Online Encyclopedia 2006. Microsoft Corporation. en recoñecemento ás súas importantes e duradeiras achegas a esta ciencia. A súa escola intelectual revolucionou a medicina da Antiga Grecia, establecéndoa como unha disciplina separada doutros campos cos cales se asociaba tradicionalmente (notabelmente a teoloxía e a filosofía), convertendo o exercicio da medicina nunha auténtica profesión.Garrison, Fielding H. (1966): History of Medicine. Filadelfia: W.B. Saunders Company, pp. 92–93.Nuland, Sherwin B. (1988): Doctors. Knopf Doubleday Publishing Group. ISBN 0-394-55130-3, p. 5.. Tamén é famoso por asociar a ética coa profesión médica (Xuramento hipocrático). Aristóteles (384–322 a.C.) está considerado como o pai da zooloxía. Educador de Alexandre o Grande, sabio e filósofo, atribúeselle a clasificación dos animais en dous grupos: animais con sangue (enaima) e animais sen sangue (anaima) (aproximadamente, os vertebrados e invertebrados, respectivamente). No campo da zooloxía as súas obras máis importantes foron Historia dos animais, unha bioloxía xeral dos animais; Sobre as partes dos animais, unha anatomía e fisioloxía comparadas, e Sobre a xeración dos animais, un tratado sobre a bioloxía do desenvolvemento.
A tradición grega continuou, na época romana, ao redor do Museo de Alexandría até ao redor do ano 30 a.C., pero declinou baixoo a dominación do Imperio romano.
Roma
Durante o Imperio romano producíronse só achegas rutineiras que incorporaban novos animais ao esquema aristotélico, existindo un baleiro case absoluto en canto ás posíbeis modificacións do mesmo.
Plinio o Vello (23-79) foi un nnaturalista romano que dedicou catro libros (VIII, IX, X e XI) aos animais da súa Naturalis Historia (A historia natural), obra enciclopédica en 37 volumes escritos en lingua latina. Nos catro libros sobre animais estuda, sucesivamente, os animais terrestres, os "peixes" (é dicir, os animais mariños —todos— e os peixes de río), as aves e os insectos. Galeno (130–200) foi o primeiro gran filósofo que empregou o método experimental nos seus estudos. Realizou unha clasificación de ósos e articulacións que se perdura até o día de hoxe. Pasou boa parte da súa vida na corte imperial, levando a cabo experimentos e escribindo. Fixo viviseccións de moitos animais co fin de estudar a función dos riles e a medula espiñal. Segundo as súas propias testemuñas, utilizou a 20 amanuenses para que anotaran as súas palabras. No ano 191 un incendio destruíu algunhas das súas obras.
O estudo dos animais na época romana é máis ben descritivo e impreciso, admitindo toda unha serie de seres fabulosos (sereas, grifóss, dragóns, unicornios) etc., que foron a base dos bestiarios medievais. Isto deu lugar a que moitas persoas creran que estes animais existían, o que se agudizou durante os séculos escuros da alta Idade Media, nos que se inventaron aínda máis lendas fabulosas.
Idade Media