Coñécense por webQuest (WQ) as actividades de aprendizaxe que os estudantes levan a cabo empregando recursos de Internet preseleccionados polo docente, de xeito que o alumnado enfoque o seu esforzo na utilización deses recursos e non na súa busca.
Características A súa filosofía de aprendizaxe significativa e colaboracionista fai que a tarefa de definir exactamente unha WQ sexa moito máis extensa. Tentaremos facelo repasando como debe ser a súa estrutura tanto interna (o seu "espírito") como externa (o seu "físico").
As WQ están deseñadas para que o alumno desenvolva habilidades esenciais para empregaren a información, é dicir, para clasificala, organizala, analizala e sintetizala correctamente, co obxectivo de xeraren un produto novo que cumpra os fins da aprendizaxe formulada.
A súa invención e difusión débense a Bernie Dodge (Profesor de Tecnoloxía Educativa - Universidade Estatal de San Diego) quen, case por casualidade, aló por 1995 ao ver o resultado da busca, recompilación e reelaboración da información por parte dos seus estudantes fixou a idea básica da estrutura das WQs.
Estrutura das WebQuest Unha WQ debe ter os seguintes apartados para o alumnado:
Introdución. Tarefa. Proceso (onde se inclúen os recursos). Avaliación. Conclusión.
Ademais deberá sempre incluír un apartado de créditos e unha páxina para o profesor.
Categoría:Internet