Paul Hinojos, nado nos Ánxeles (California) o 17 de xullo de 1975, é un músico estadounidense. Foi o baixista da influente banda At the Drive-In de El Paso (Texas). Despois da separación desta banda en 2001, Hinojos, xunto cos seus compañeiros de At the Drive-In Jim Ward e Tony Hajjar, formou a banda Sparta.

De forma imprevista, Hinojos abandonou Sparta no ano 2005 e poucos días despois anunciou o seu ingreso en The Mars Volta, onde actualmente toca a guitarra.

Discografía Con At the Drive-In El Gran Orgo - 1997 In/Casino/Out - 1998 Vaya - 1999 Relationship of Command - 2000 This Station Is Non-Operational - 2005

Con Sparta Austere - 2002 Wiretap Scars - 2002 Porcelain - 2004 Live at La Zona Rosa 3.19.04 - 2004

Con The Mars Volta Scabdates - 2005 Amputechture - 2006 The Bedlam in Goliath - - 2007

Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados nos Ánxeles