Robert Hunter, tamén coñecido como Robbie Hunter, nado o 22 de abril de 1977 en Xohanesburgo, é un ciclista surafricano especialista en espríns.
Traxectoria deportiva Hunter fíxose profesional en 1999 e dende entón foi atravesando diversos conxuntos, onde figurou como un esprínter relevante que, porén, non ten acadado gran número de vitorias en probas de gran categoría. Así, comezou a súa carreira no Lampre (1999), despois pasou ao Mapei (2002), ao Rabobank (2003) e en 2005 arriba ao Phonak.
Con este camisola acompañou a Floyd Landis na súa vitoria no Tour de Francia 2006, que despois perdeu por dopaxe e en favor de Óscar Pereiro. Despois da disolución do equipo como consecuencia do escándalo nos medios, Hunter foi fichado polo Barloworld, un conxunto novo, onde ocupou a praza de líder. O equipo estreouse con bo pé no Tour de Francia 2007, conseguindo dúas vitorias de tirada, entre elas a do propio Robert Hunter. Ao conseguir a tirada número 11 da rolda gala, Hunter convertíase ao mesmo tempo no primeiro ciclista africano en gañar unha xornada do Tour de Francia.
É un ciclista de tamaño medio, apto para rodar, con 1,78 m de altura e 72 kg de peso.
Principais vitorias 1 tirada do Tour de Francia 2007 2 tiradas da Vuelta a España, nos anos 1999 e 2001 Campión de África de contra o reloxo en 2006 Gañador da Volta a Qatar de 2004 Mellor esprínter da Volta a Suíza de 2004, onde gañou dúas tiradas
Ademais, foi nomeado mellor ciclista surafricano (premio Pick 'n Pay Go Banking) en 2001, 2002, 2003 e 2004.
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Robert Hunter
Hunter Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Xohanesburgo Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia