Na mitoloxía grega, a metamorfose era un medio habitual dos deuses para interviren na vida dos mortais, pero tamén a causa dunha forte reflexión filosófica sobre a reencarnación e a migración das almas: no libro Timeo de Platón, o primeiro nacemento humano é unha acción do demiúrgo, pero as súas existencias posteriores dependen soamente do comportamento que rexese nas ánimas anteriores: as aves son a reencarnación dos homes sen maldade, os réptiles e vermes son a dos imbéciles e as mulleres a eran dos covardes.

Tres séculos despois reaparece o tema na literatura que chegou aos nosos días: As Metamorfoses de Publio Ovidio Nasón (século I a.C.) son un extenso poema de máis de 12.000 hexámetros e reúnen os relatos de numerosos mitógrafos gregos anteriores nunha colección de lendas etiolóxicas clasificadas cronoloxicamente dende o Caos orixinario ata a época de Augusto, incluíndo tamén a do propio César, metamorfoseado en astro. Nas de Apuleio, do século anterior e tamén chamadas O asno de ouro Ver sección: "O burro na literatura", en Burro, a transformación é o tema central do relato fantástico: Lucio, fascinado pola maxia, transfórmase en asno, e será necesaria a actuación da deusa exipcia Isis para recuperar a forma orixinal.

Na mitoloxía grega Na mitoloxía grega son moi frecuentes as transformacións coas que os deuses castigan determinados comportamentos dos humanos pero non será esta a única razón destas intervencións divinas ni serán os humanos os únicos en transformarse.

En liñas xerais, as transformacións poden clasificarse: Transformacións en vexetais Transformacións en animais Transformacións en obxectos Outras transformacións

Pola súa versatilidade á hora de metamorfosearse nas cousas máis diversas, sepáranse neste artigo as transformacións que protagonizan tanto Zeus como a súa filla Atenea.

miniatura|250px|Apolo e Dafne (Piero del Pollaiolo, 1470-1480, National Gallery, Londres)

Transformacións en vexetais Afrodita fixo que Mirra tivese relacións incestuosas con seu pai, Tías, rei de Asiria. Cando o rei o descubriu perseguiu á filla para matala, pero os deuses evitárono converténdoa nunha árbore de mirra. Da casca da árbore xermolou Adonis Grimal, s. v. Adonis.. A ninfa Dafne era extremadamente fermosa pero xurara manter a virxindade. Unha tradición conta que Apolo se namorou dela e perseguíaa incansablemente, por máis que ela o rexeitara. Apolo conseguiu que os deuses o axudaran e por fin alcanzouna, pero nese momento ela pediu axuda ó seu pai, o deus río Peneo, e este transformouna en loureiro. Apolo debeu conformarse con cortar unhas ramas e facerse unha coroaFranco Llopis, px. 132.. As bacantes mataron a Orfeo disque porque este, ó morrer a súa dona Eurídice e non poder rescatala do Tártaro decidera non volver a ter tratos con ningunha muller, algo que aquelas consideraron ofensivo. Dioniso castigounas polo crime e converteunas en aciñeiras, atadas ó chan e sen poder moverseMetamorfosis XI, 67ss; Graves, px. 128.. As Helíades eran fillas do deus Helios e irmás de Faetón. Este pediulle ó seu pai o carro solar co que Helios percorría o firmamento e, incapaz de domeñalo, tanto ascendía ata os ceos, queimando a bóveda celeste (co que se formou a Vía Láctea) como descendía ata a Terra, queimándoa e formando así o deserto de LibiaDenominación que abarcaba todo o norte de África.. Zeus tivo que deter a desfeita e matouno cun dos seus raios. Faetón caeu morto no río Erídano e as irmás chorárono nas beiras (destas bágoas naceu o ámbar). Pero como tamén se di que foron elas as que deran ó seu irmán o carro e os cabalos, sen permiso do pai Helios, foron transformadas en álamosGrimal, s. v. Helíades; Metamorfosis II, 333ss..

Transformacións en animais En insectos e arañas Aracne era unha doncela extremadamente hábil á hora de tecer e bordar. Atenea, deusa das fiandeiras, chamouna como discípula pero Aracne desafiouna alardeando de ser mellor que ela. O tapiz que tece Aracne é o mellor, retratando os amores promiscuos dos deuses do Olimpo, o que anoxa a Atenea, que rompe o tapiz. Aracne, desesperada, enforcouse pero Atenea, antes de que morrese, transformouna en arañaGrimal, s. v. Aracne; Franco Llopis, px. 118-119..

En aves O deus Ares transformou en galo a Alectrión por non avisarlle de que chegaba o día cando el estaba no tálamo con AfroditaGrimal, s.v. Alectrión.</ref>. As cincuenta fillas de Cíniras, rei de Chipre, transformáronse en picapeixes cando Apolo matou ó pai. Este prometera contribuír con cincuenta naves á frota grega contra Troia pero en realidade só armou un barco e botou ó mar outros cuarenta e nove barcos en miniatura, de barro e con tripulantes tamén de barro. Apolo castigou este engano coa morte e as fillas, por vergonza, transformáronse en paxarosGraves, px. 694.. A deusa Atenea transformou a Perdix en perdiz, cando Dédalo o guindou do tellado do Partenón, celoso pola inventiva do seu discípuloMetamorfosis VIII, 250 ss.. Ésaco era un fillo de Príamo, que soubo adiviñar que o nacemento de Paris acabaría sendo a causa da destrución de Troia. Pouco tempo despois, a súa dona morreu da picada dunha serpe e el, coa mágoa, botouse ó mar, pero a nereida Tetis transformouno nunha ave, probablemente nun mergullónGrimal, s. v. Ésaco; Apolodoro III, 12.5.. Eneo (rei de Calidón) e Altea (filla de Testio) tiveron dous fillos, Meleagro e Deianira (esposa de Heracles). As Moiras profetizaron que Meleagro morrería cando o tizón que nese momento ardía no fogar se consomese de todo. Altea colleuno, apagouno e gardouno ben. Ó cabo dos anos, Meleagro matou ós seus tíos, irmáns de Altea, e esta quixo vingarse: sacou o tizón e deixouno arder ata se consumir. Meleagro, cumprindo o seu fado, morreu e Altea, cando o viu, suicidouse. As irmás de Altea choraron desconsoladas, ata que Ártemis as converteu en galiñas de Guinea pero, grazas ás súplicas de Dioniso, ela puido volver á súa forma humanaGrimal, s. v. Altea; Hixino, 174,7. O nome científico da galiña de Guinea, Numida meleagris, recolle este mito..

A rula turca denomínase Streptopelia decaocto. O nome do xénero, Streptopelia, combina as palabras streptos, 'cadea', e pelia, que fai referencia ó trazo negro característico no seu pescozo. O nome específico é dezaoito en latín. Alude a unha lenda grega sobre unha criada moza que pediu ós deuses ser liberada porque só recibía 18 moedas ó ano polo seu duro traballo. Os deuses convertérona en rula, para que o seu arrolo recordara este número para sempreOutra lenda da outra explicación completamente distinta: estando Xesucristo cravado na cruz, un soldado romano quixo darlle un pouco de leite a beber. Había unha mulleriña que pedía 18 moedas polo leite, pero o soldado só tiña 17 e por máis que teimou, a vella só repetía 18, 18. Así que Xesucristo maldizouna e converteuna nunha rula, que só sabe dicir 18, 18. Cando, por fin, a vella acepte as 17 moedas, volverá ó seu ser humano, pero se, ó contrario, sobe o prezo a 19, será que o fin do mundo é chegado (La tórtola turca, una maldición divina [consultado o 24.12.2023]..

En mamíferos A bruxa Circe transformou ós homes de Odiseo en porcos, segundo relata Homero na Odisea <ref>Odisea, canto X..

miniatura|400px|Aqueloo contra Heracles (Thomas Hart Benton, 1947, Museo Smithsonian, Washington)

O deus río Aqueloo pretendía casar con Deianira, pero tanto ela como o pai, Eneo, rexeitárono en favor de Heracles. Alporizado, Aqueloo transformouse en touro e dedicouse a facer maldades en Etolia, ata que Heracles loitou con el e tronzoulle un corno. Cando Paris aínda era pastor nos montes de Troia dedicábase a coidar un touro que enfrontaba ós touros dos rabaños veciños, ós que vencía sempre. Chegou a ofrecer unha coroa de ouro ó touro que vencera ó seu e Ares, para darlle unha lección de humildade, transformouse en touro, gañou o combate e Paris tivo que poñerlle a coroaGraves, px. 684.. Acteón andaba a cazar nun bosque e foi dar a un río onde a deusa Ártemis e as súas sacerdotisas se estaban a bañar. El quedouse mirando, asombrado, ata que Ártemis o descubriu, e castigouno por vela núa converténdoo en cervo. A seguir, encirrou os cincoenta cans da manda de Acteón contra el, e devorárono ó non recoñecelo como o seu amoGrimal, s. v. Acteón; Franco Llopis, px. 136.. A raíña de Troia, Hécuba, á vista da inminente caída da cidade, intentou salvar a vida do seu fillo pequeno Polidoro, e mandouno á corte de Poliméstor, a quen Príamo xa confiara a custodia de valiosos tesouros. Polimestor matou ó rapaz cando morreu Príamo e apoderouse do tesouro. Hécuba, aparentando non saber nada, fixo chamar a Poliméstor e arríncalle os ollos á vez que ordena matar ós fillos deste. Os gregos castigaron este acto lapidándoa pero baixo as pedras só apareceu unha cadela de ollos de lume. Tamén se di que foi transformada en cadela cando fuxía dos soldados de Poliméstor, ou ben o foi xa a bordo do barco que a levaba a GreciaGrimal, s. v. Hécuba.. Foco, epónimo da rexión grega da Fócide, era fillo de Éaco e a ninfa Psámate (irmá de Tetis, nai de Aquiles). Como tódalas deusas mariñas, Psámate tiña a capacidade de transformarse no que quixera, e transformouse en foca, pero nin así logrou escapar de Éaco, que lle fixo un fillo ó que chamaron FocoGrimal, s. v. Foco.

miniatura|300px|Parto de Alcmena (nun gravado da Metamorfoses (1602-1607))

Xa sabemos que os celos de Hera levábana a perseguir as amantes de Zeus e tamén os fillos bastardos que tiña este con mulleres mortais. Unha destas foi Sémele, á que deixou embarazada de Dioniso transformándose en home normal. Pero Hera transformouse nunha das mulleres do seu séquito e convenceuna para que pedira a Zeus que se mostrase ante ela con toda a súa maxestade. Cando este así o fixo, Sémele morreu abrasada pola luz divina pero antes de morrer Zeus sacoulle o feto e implantoullo na súa perna, desde onde naceu chegado o tempo. Como fose que Hera seguía perseguindo ó meniño, Zeus converteuno en cabuxoFranco Llopis, px. 148.. Hera quixo impedir que o meniño que ía parir Alcmena (Heracles) fose rei de Micenas e ordenou a Ilitía, deusa dos partos, que detivese o nacemento. Ilitía sentou á porta da casa de Alcmena coas pernas cruzadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos, de xeito que interrompeu o parto. Mentres tanto, Hera acelerou o parto de Nícipe, do que nacería Euristeo (primo de Heracles). Unha serva de Alcmena, para evitar as dores de parto da súa ama, díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que esta soltou as mans e se levantou, e Alcmena puido por fin parir. Pero Ilitía non perdonou o engano e converteu á criada, Galintias, en donicela, condenándoa a parir pola bocaGrimal, s. v. Galintias..

Noutros animais Peleu quería casar con Tetis pero ela negouse en redondo, pois Peleu era un mortal e Tetis aspiraba a casar cun deus. O centauro Quirón aconsellou a Peleu que a sorprendese cando estivese a dormir e que entón a atrapara con forza e non a sotara sen importar en qué se transformase. Así o fixo e Tetis resisteuse transformándose sucesivamente en lume, auga, león, cobra e, finalmente, en xiba, pero Peleu non a soltou ata que aceptou someterse a el e casar. Só entón recuperou a forma humanaPseudo-Apolodoro III, 13.5.. Plutarco relata que Alexandre o Grande foi concibido nunha orxía dionisíaca por Dioniso, transformado en serpe, e Olimpia, esposa de Filipo IICarmona, px. 194, citando a obra Vida de Alexandre 2.9, 3.4.. Tamén se asegura que Asclepio, deus da Medicina, podía transformarse en serpeCarmona, px. 194.. Téñase en conta que a serpe, pola súa capacidade de renovar a pel vella por unha nova, significaba a rexeneración e, por veces, o deus representábase cunha serpe ou portando un caxato no que se enroscaba unha serpe.

Transformacións en obxectos miniatura|300px|Dánae recibe a chuvia de ouro (Gustav Klimt, 1907, colección privada)