O corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis, ata hai pouco chamado Phalacrocorax aristotelis) é unha ave mariña presente nas costas rochosas do oeste e sur de Europa, no suroeste de Asia e no norte de África. Normalmente é unha especie sedentaria nas súas zonas de cría, aínda que os exemplares norteños son migratorios. O corvo mariño cristado é a principal e máis estendida especie europea da familia Suliformes.

Morfoloxía É unha ave de tamaño medio-grande, que acada de media uns 68–78 cm de longo e 95–110 cm de envergadura. Ten un pescozo longo e unha gorxa mareal. Os adultos mostran unha pequena crista ou moño durante a época de apareamento, á que lle deben o nome. Distínguese do corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) polo seu tamaño inferior, pola súa complexión máis lixeira, e sobre todo, nos adultos, pola súa crista e o relumbro verdoso da plumaxe. O seu peteiro e máis estreito e os exemplares xuvenís amosan un ventre máis escuro. A cauda do corvo mariño cristado ten 12 plumas e a do corvo mariño grande 14. En ocasións tamén é nomeado como "corvo mariño verde" ou "corvo mariño común".

Taxonomía O corvo mariño cristado foi durante máis de dous séculos integrado no xénero Phalacrocorax, e canda o outro corvo mariño galego, pero un estudo de 2014 atopou que a súa xenética era máis semellante aos xéneros Nannopterum e Leucocarbo do que ás especies que se agrupaban no resto do Phalacrocorax e no Urile; xaquelogo propúxose un novo xénero, Gulosus, do que esta especie é a única representante. Este novo xénero comezou a ser aceptado xeralmente en 2021. Estímase que o xénero Gulosus debeu arredarse do conxunto de Nannopterum-Leucocarbo hai uns 9 - 11,2 millóns de anos.

Subespecies Existen tres subespecies:

Gulosus aristotelis aristotelis - noroeste de Europa Atlántica, GaliciaMARTÍN, Ignacio (coord.) et al., Aves nidificantes de España. Ediciones Jaguar, S.A., 2004. ISBN 84-95537-80-X. Gulosus aristotelis desmarestii - sur de Europa, suroeste de Asia Gulosus aristotelis riggenbachi - noroeste de África

As subespecies distínguense lixeiramente no tamaño e a cor dos exemplares novos. Algunhas evidencias recentes suxiren que os exemplares da costa atlántica do suroeste de Europa son distintos das outras tres subespecies, e poderían constituír unha subespecie nova (Yésou et al., Brit. Birds 98: 369-370, 2005).

Comportamento Aliméntase de peixes no mar e non acostuma voar cara ao interior das costas nas que habita.

O corvo mariño cristado é un dos mellores mergulladores da familia Phalacrocoracidae, chegando ata profundidades de 45 m durante 20-45 segundos, cun espazo de descanso dun mínimo de 15 segundos. Aliméntase de especies piscícolas moi variadas, pero sobre todo de sardiñas e bocarte. A miúdo recorren moitos quilómetros de costa dende a súa zona de aniñada para alimentarse.

Reprodución Corvo mariño cos pitos|200px|miniatura Corvos mariños no Grove|200px|miniatura miniatura|Phalacrocorax aristotelis Aniña en pequenos abrigos rochosos ou en fendeduras ou en pequenas covas na costa. Os niños consisten en fachos descoidados de algas mariñas e herbas unidos polo seu propio esterco. A estación de aniñada é longa, comezando a finais de febreiro, aínda que algúns individuos non comezan ata maio e incluso despois. Chocan normalmente tres ovos. Os pitos nacen desprovistos de plumaxe e durante os primeiros días dependen completamente dos adultos para quentarse. Non saen do niño durante dous meses e comezan a voar en torno a primeiros de xuño ata finais de agosto, e excepcionalmente máis tarde.

Distribución As principais zonas de aniñada do corvo mariño cristado atópanse nas Illas Farne (Inglaterra), Fowlsheugh (Escocia), Runde (Noruega) e Galicia.

Distribución en Galicia O corvo mariño cristado aniña ao longo de toda a costa, mais as súas principais colonias atópanse no Parque nacional das Illas Atlánticas onde se atopa a maior colonia europea.Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) Medioambiente.xunta.es, Consultada o 25/07/09 O primeiro censo da especie data de 1976, cando se citou unha poboación de 539-555 parellas, en 1994 a poboación medrara ata as 1.932-1.939 parellasThe status of the European Shag Phalacrocorax Aristotelis population on the Atlantic Coast of the Iberian peninsula Webs.uvigo.es, Consultado o 25/07/09 chegando a un máximo de 2.500 parellas entre os anos 2000-03 (debido sobre todo á protección dos enclaves de cría, a erradicación do consumo humano de pitos e ovos, e á prohibición da cazaCormorán Moñudo Phalacrocorax aristotelis mma.es, Consultada o 25/07/09). A partir desa data, mentres o resto das poboacións galegas medraban notablemente, as principais colonias de Cíes e Ons sufriron un descenso maior ao 40%, pasándose entón a 1.266 en 2007, o que representa unha taxa de crecemento negativa do -33% na poboación galega.Web adicada ó estudo e a divulgación de información sobre o Cormorán Moñudo na Península Ibérica Consultado o 25/07/09 Entre as causas da diminución da poboación, atópanse a mortalidade accidental directa producida por mor do afundimento do Prestige, as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a presión que exercen sobre as colonias especies invasoras.No ano 2009 detectáronse os primeiros casos de depredación por visóns americanos. No caso das mortes accidentais nas diferentes artes de pesca, o Grupo de Ecoloxía Animal (GEA) da Universidade de Vigo, leva a cabo dende o ano 2021 o proxecto Encorat. Mediante a instalación de luces nestas artes de pesca búscase reducir as mortes accidentais, especialmente, entre os exemplares máis xuvenísWeb sobre o proxecto Encorat Consultado o 09/06/21.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas

Categoría:Falacrocorácidos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Animais descritos en 1761 Categoría:Taxons descritos por Linné