Bobby Hutton, tamén chamado "Lil' Bobby" (Pequeno Bobby), nado o 21 de abril de 1950 e finado o 6 de abril de 1968, foi o primeiro membro do Partido Pantera Negra tras a súa fundación en 1966. Tiña daquela só quince anos.

Asasinato O 7 de abril de 1968 será asasinado pola policía de Oakland nun tiroteo. Oito panteras negras, entre os que se atopaban tamén David Hilliard e Elridge Cleaver foron emboscados pola policía. Cleaver e Hutton conseguiron refuxiarse nun soto que axiña foi rodeado pola policía. Cando lles tiraron un bote de fume accederon a renderse. Cleaver estaba ferido nunha perna e non podía camiñar, así que aconsellou a Hutton que se espise para demostrar que non levaba armas ocultas e saíse. Hutton só retirou a camiseta e en canto saíu coas mans en alto recibiu doce impactos de bala que lle provocaron a morte inmediata. Cleaver, que o seguía a certa distancia, foi ferido novamente. A policía de Oakland disputa esta versión dos feitos.

Categoría:Membros das Panteras Negras Categoría:Nados no condado de Jefferson, Arcansas Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en 1968