O 10 de xullo é o 191º día do ano do calendario gregoriano e o 192º nos anos bisestos. Quedan 174 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1372 - Xoán Fernández de Andeiro logra un tratado con Inglaterra polo que Xoán de Gante reclama o trono do reino de Galiza e de toda a Coroa de Castela. 1943 - Os aliados desembarcan en Sicilia (Operación Husky) na Segunda guerra mundial, dando inicio á invasión da Italia. 1973 - As Bahamas gañan independencia. 1985 - O navío Rainbow Warrior de Greenpeace é afundido no porto de Auckland, Nova Zelandia, por medio dunha bomba colocada polos servizos secretos franceses; o fotógrafo portugués Fernando Pereira morre na explosión. 1991 - Boris Eltsin é electo presidente da Rusia.

Nacementos miniatura|150px|Camille Pissarro. miniatura|150px|Mahathir bin Mohamad. 1724 - Eva Ekeblad, agrónoma e científica sueca (m. 1786) 1792 - Frederick Marryat, novelista e mariño inglés (m. 1848). 1830 - Camille Pissarro, pintor francés (m. 1903). 1856 - Nikola Tesla, enxeñeiro e inventor serbio (m. 1943). 1871 - Marcel Proust, escritor francés (m. 1922). 1879 - Xulio Sesto, xornalista e escritor galego (m. 1960). 1888 - Giorgio de Chirico, pintor italiano (m. 1978). 1890 - Ramón Villar Ponte, escritor galego (m. 1953). 1891 - Edith Quimby, investigadora en medicina e física (m. 1982) 1895 - Carl Orff, compositor alemán (m. 1982). 1902 - Kurt Alder, químico alemán (m. 1958). 1913 - Salvador Espriu, escritor catalán (m. 1985). 1916 - Raimundo García Domínguez, escritor galego (m. 2003). 1925 - Mahathir bin Mohamad, primeiro ministro de Malaisia. 1959 - Antonio Manuel Chaves Cuiñas, escritor galego.

Mortes miniatura|150px|Olimpia Valencia. 138 - Publio Elio Hadriano, emperador romano (n. 76). 1766 - Isabel de Farnesio, raíña consorte española (n. 1692). 1851 - Louis Daguerre, artista francés, pioneiro da fotografía (n. 1787). 1857 - José Puente Brañas, escritor e xornalista galego (n. 1824). 1912 - Xan Míguez González, o Ventosela, gaiteiro galego (n. 1847). 1935 - Varfolomei Remov, bispo ortodoxo ruso converso ao catolicismo, fusilado (n. 1888). 1937 - Antonio Fournerakis, sindicalista anarquista grego (n. 1897). 1960 - José Pasín Romero, sindicalista e político galego (n. 1878). 1977 - Santiago Rey Pedreira, arquitecto galego (n. 1902). 1987 - Olimpia Valencia, médica galega (n. 1898). 2013 - Concha García Campoy, xornalista e presentadora de televisión (n. 1958).

Festas e celebracións Día da Independencia das Bahamas Día Internacional dos Beatles."La Voz de la Escuela", suplemento semanal de La Voz de Galicia, 8.01.2025. Véxase tamén 16 de xaneiro.

Outros Santoral:

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Xullo