O camiño inglés é a vía do camiño de Santiago usada polos peregrinos procedentes das Illas Británicas e doutros portos do norte de Europa, que chegaban ós portos da Coruña e Ferrol para emprende-lo camiño rumbo sur cara a Santiago de Compostela. miniatura|dereita|295px|O camiño inglés ao seu paso pola Ponte Baxoi, no concello de Miño.
Trazado da ruta Ruta dende Ferrol miniatura|200px|Albergue de peregrinos de Betanzos na Casa da Pescadería. A ruta dende Ferrol pode dividirse en cinco etapas: 1ª etapa: Ferrol - Neda 2ª etapa: Neda - Miño 3ª etapa: Miño - Bruma 4ª etapa: Bruma - Sigüeiro 5ª etapa: Sigüeiro - Compostela
Poboación Provincia A Santiago(km) Ferrol A Coruña 110 Narón 102 Neda 96 Fene 93 Cabanas 85 Pontedeume 82 Miño 71 San Pantaión das Viñas, Paderne 66 Betanzos 59 Abegondo 48 Bruma, Mesía 37 Ordes 26 Sigüeiro (Oroso) 14 Santiago de Compostela 0
Ruta dende A Coruña miniatura|Igrexa de Santiago na Coruña miniatura|Igrexa de Santiago de Sigrás A ruta dende A Coruña pode dividirse en tres etapas: 1ª etapa: A Coruña - Hospital de Bruma 2ª etapa: Bruma - Sigüeiro 3ª etapa: Sigüeiro - Compostela
A pesar de que a ruta entre A Coruña e Compostela é menor de 100 km, o cabido compostelán concedeu en decembro de 2016 a posibilidade de recibir a Compostela aos peregrinos que realicen este percorrido.
O camiño parte da igrexa de Santiago na Cidade Vella e atravesa logo A Pescadería pola rúa Real e Os Cantóns. Atravesa logo cara a Catro Camiños e abandona a cidade por Eirís de Arriba, Pedralonga e a estrada N-550.
A continuación atravesa o concello de Culleredo polo paseo marítimo do Burgo, pasando polos muíños de Acea de Ama ata a igrexa de Santiago, preto da ponte do Burgo. Bordea logo o castro de Alvedro e cruza o río Valiñas pola ponte da Xira. Segue logo ata o antigo cruceiro de Sigrás e diríxese ao peto de ánimas de santo Antón e á igrexa de Santiago, onde existía un hospital de peregrinos, hoxe casa reitoral.
Continúa bordeando os pazos de Loriga, Drozo e Anceis para entrar no concello de Carral, onde se atopa o albergue de Sergude, inaugurado no 2014.El Camino Inglés incrementa un 93% su oferta de alojamiento , nova en El Correo Gallego Despois de cruzar Sarandós únese ao camiño que procede de Ferrol nas Travesas.
Poboación Provincia A Santiago(km) A Coruña A Coruña 74,9 O Burgo, Culleredo 64,9 Sigrás 60,4 Bruma, Mesía 41,3 A Calle 29,5 Sigüeiro (Oroso) 16,5 Santiago de Compostela 0
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía El Camino de Santiago. Antón Pombo. Ed. Anaya Touring. 2004. El Camino Inglés. Ed. Consellería de Cultura. Xunta de Galicia. 1999. Itinerario de la Ruta Jacobea Camino Inglés. Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago. Ed. Deputación da Coruña. 1999.
Ligazóns externas Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago caminodesantiago.gal santiagoturismo.com Camiño Inglés (La Voz de Galicia) Camiño Inglés na Deputación da Coruña Guía do camiño inglés do concello da Coruña Violeta Miraz Seco (2013). La peregrinación marítima. El camino inglés desde la ría de Ferrol en la Baja Edad Media Tese de doutoramento Delimitación do camiño Inglés na páxina da Xunta de Galicia con mapas de tódolos concellos Guía do camiño inglés dende A Coruña en turismo.gal DECRETO 110/2014, do 4 de setembro, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago Inglés.
Categoría:Camiño Inglés Categoría:Patrimonio da Humanidade en Galicia