A balea de Groenlandia,Pérez Alberti, A. ed. (1982), p. 210. tamén coñecida como balea franca boreal,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 309. Balaena mysticetus Linnaeus, 1758, é unha especie de mamífero da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, única representante actual do xénero Balaena.
A especie foi obxecto de activa caza, de xeito que a súa poboación estaba gravemente ameazada de extinción antes da moratoria de 1986 decretada pola CBI.
Na actualidade o número total de exemplares estímase nuns 24 900 en toda a súa área de distribución.
Estado de conservación Nos últimos tempos a situación da balea de Groenlandia foi cualificada como: 1994 – Vulnerábel (Groombridge 1994) 1990 – Vulnerábel (UICN 1990) 1988 – En risco (IUCN Conservation Monitoring Centre 1988) 1986 – En risco (IUCN Conservation Monitoring Centre 1986) Con datos do ano 2008 (publicados no 2012), a UICN, considerando que a poboación mundial da especie parece estar aumentando, debido principalmente ao aumento na subpoboación de Bering-Chukchi-Beaufort (BCB), aínda que as tendencias de variación nas outras subpoboacións non están claras. O tamaño da subpoboación BCB está moi por riba do límite de vulnerábel''' dunha poboación non decrecente, e as avaliacións actuais suxiren que esta poboación se recuperou até alcanzar o nivel que tiña antes da caza industrial de baleas. A estimación de máis de 7 000 animais nos stocks conxuntos das subpoboacións da Conca Foxe-Baía de Hudson e a baía de Baffin-estreito de Davis, é aínda provisional, pero é pouco probábel que as cifras finais sexan tan baixas que estas subpoblacións (ou a subpoboación combinada individual) cualificaría a súa inclusión nunha categoría de ameaza. O número de individuos da balea de Groenlandia no leste de Canadá e en Groenlandia occidental están probabelmente aínda por debaixo dos seus niveis previos á caza masiva de baleas. Por todas estas razóns, a situación da especie cualifícase como "LC" (pouco preocupante).Reilly, S. B., Bannister, J. L., Best, P. B., Brown, M., Brownell Jr., R. L., Butterworth, D. S., Clapham, P. J., Cooke, J., Donovan, G. P., Urbán, J. & Zerbini, A. N. (2012): Balaena mysticetus na Lista vermella da UICN.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Pérez Alberti, A. (dir.) (1982): Xeografía de Galicia. Tomo I. O medio. A Coruña: Edicións Sálvora. ISBN 84-85779-12-6. Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Cetáceos Misticetos Balénidos
Ligazóns externas Balaena mysticetus en ADW . Balaena mysticetus en ARKive .
Categoría:Balaenidae Categoría:Animais descritos en 1758