Gladio era unha rede clandestina formada durante a Guerra fría que actuaba baixo a cobertura non oficial da OTAN en Europa Occidental.

Historia Contaba con financiamento e apoio da CIA e o MI6 e que tiña como misión organizar unha rede de resistencia paramilitar oculta que actuase no caso dunha invasión da Unión Soviética, gran parte dos seus membros recrutáronse entre a extrema dereita.

A rede Gladio operou para lograr a manipulación das democracias do continente europeo, empregando diversas estratexias de guerra sucia (en particular a chamada estratexia de tensión), a través da infiltración de axentes provocadores e o uso de operacións de bandeira falsa (como no caso dos atentados con catro bombas en Roma e na Piazza Fontana en Milán, en decembro de 1969) destinadas a destruír a imaxe pública dos partidos e organizacións políticas (nacionalistas e comunistas) que non apoiaban aos Estados Unidos, sinalándoos falsamente como autores de atentados terroristas, sabotando así o seu auxe nos procesos electorais das nacións europeas.

Durante a Guerra Fría, case todos os Estados-nación de Europa Occidental organizaron redes de permanencia baixo control da OTAN (Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Noruega, os Países Baixos, Portugal, España, Suecia, Suíza, Turquía e o Reino Unido) co apoio do Vaticano.

Revelación e confirmación oficial A sospeitada existencia de Gladio foi reveladas polo membro da Avanguardia Nazionale, Vincenzo Vinciguerra, durante o seu xuízo, en 1984. A organización coñeceuse grazas á investigación do xuíz veneciano Felice Casson e á confirmación da súa existencia por Giulio Andreotti o 24 de outubro de 1990 cando se referiu a unha "estrutura de información, resposta e salvagarda", e polas testemuñas de dous xenerais italianos sábese que organizou unha estratexia de tensión en Italia, que incluíron varias masacres, para impedir o acceso do Partido Comunista Italiano ao goberno.

Notas

Véxase tamén

Operación Cóndor

Bibliografía

Categoría:Guerra Fría Categoría:Espionaxe Categoría:Terrorismo de Estado Categoría:Anticomunismo