O antepretérito de indicativo, ou pluscuamperfecto, é un dos tempos verbais. Caracterízase por posuír vogal temática e un sufixo modo-temporal "ra".

O antepretérito de indicativo modalmente é real e indica un momento anterior a un referente anterior: cando cheguei á estación, xa marchara o autobús.

Valores do antepretérito de indicativo De cortesía: pode presentar tamén valores non reais referidos ó presente: quixera falar con vostede. Estar presente en oracións desiderativas: o demo o levara! Pode indicar unha acción que cumpría realizar no pasado. Tería un valor enfático: se non xantaches, xantaras.

Formas

andara varrera partira andaras varreras partiras andara varrera partira andaramos varreramos partiramos andarades varrerades partirades andaran varreran partiran Notas

Categoría:Tempo verbal