Soño de Polífilo, ou Hypnerotomachia Poliliphili é unha obra de Francesco Colonna publicada en 1499 que presenta unha misteriosa alegoría arcana na que Poliphilo persegue unha fantasía erótica nunha paisaxe irreal e remata reconciliado co seu amor na Fonte de Venus.miniatura|224x224px|Polífilo axeónllase perante a Raíña Eleuterylida.|esquerdaA edición orixinal apareceu en Venecia na imprenta de Aldo Manuzio con importantes xilografías, obra do Mestre do Soño de Polífilo. Constitúe unha verdadeira obra mestra da arte do libro, e obtivo un grande éxito no século XVI e no século XVII, sendo traducido rapidamente a diversas linguas.
Contido O libro conta a historia do mozo Poliphilo que, dentro dun soño, procura a súa amada, a ninfa Polia. Para alcanzar o seu destino, precisa pasar por misteriosos bosques, cidades e labirintos, presenciando todo tipo de escenas bizarras e encontrándose con deuses, ninfas e outros seres mitolóxicos.
Alén da calidade gráfica do libro, é tan célebre polo feito de ser unha das obras máis incomprensíbeis de todos os tempos. Escrito en varias linguas ademais do italiano (latín, grego, hebreo, árabe e xeróglifos exipcios) ao mesmo tempo, a narrativa mestura pesadelos, aventuras, pasaxes eróticas, todo aderezado con comentarios sobre literatura, arquitectura, música etc.
Véxase tamén Bibliografía Colonna, Francesco: Sueño de Polífilo, edición e tradución do italiano de Pilar Pedraza; El Acantilado: Barcelona, 1999. ISBN 84-95359-05-7 Cruz, Esteban Alejandro (2006), Re-discovering Antiquity Through the Dreams of Poliphilus, Trafford Publishing, Oxford. ISBN 1-4120-5324-2. (en inglés) Fierz-David, Linda (1947), Der Liebestraum des Poliphilo. Ein Beitrag zur Psychologie der Renaissance und der Moderne, Rhein-Verlag, Zürich. Kretzulesco-Quaranta, Emanuela (1996 (2ª edición 2005)), Los jardines del sueño. Polifilo y la mística del Renacimiento. Ediciones Siruela: Madrid. ISBN 84-7844-909-4.
Ligazóns externas Máis de 50 reconstrucións infográficas da arquitectura descrita na obra Hypnerotomachia Poliphili
Categoría:Novelas en italiano