O 31 de xullo é o 212º día do ano do calendario gregoriano e o 213º nos anos bisestos. Quedan 153 días para finalizar o ano.

Acontecementos 762 - Fundación de Bagdad. 1826: en Valencia (España), no último auto de fe realizado nese país, a Junta de fe da arquidiocese de Valencia executa ao mestre Cayetano Ripoll, acusado de herexía. 1959 - Nace a asociación terrorista ETA, trala escisión de EKIN do grupo Euzko Gaztedi (EGI), organización xuvenil do PNV. O primeiro asasinato reivindicado por ETA foi o do garda civil malpican José Pardines Arcay, o 7 de xuño de 1968. 1971 - primeiro paseo de jeep na Lúa, cos astronautas da misión Apolo XV.

Nacementos miniatura|100px|Stephanie Kwolek miniatura|100px|Roberto Vidal Bolaño 1557 - Xosé de Calasanz, pedagogo, relixioso e santo aragonés (m. 1648). 1704 - Gabriel Cramer, matemático suízo. 1800 - Friedrich Wöhler, químico alemán (m. 1882). 1803 - John Ericsson, enxeñeiro e inventor sueco. 1854 - José Canalejas, político español. 1854 - Ricardo Núñez Rodríguez, médico galego (m. 1958). 1865 - Ignacio Ares de Parga, pedagogo e político galego (m. 1922). 1900 - Víctor Casas, político e xornalista galego. 1901 - Jean Dubuffet, pintor e escultor francés (m. 1985). 1912 - Milton Friedman, economista estadounidense. 1914 - Xosé Rubia Barcia, escritor galego (m. 1997). 1915 - Simón Sánchez Montero, político español. 1918 - Paul D. Boyer, químico estadounidense. 1919 - Primo Levi, escritor italiano. 1923 - Stephanie Kwolek, química polaco-estadounidense, inventora do p-fenilenodiamina con cloreto de tereftaloila, máis coñecida como Kevlar. (m. 2014) 1926 - Hilary Putnam, filósofo analítico norteamericano. 1930 - Pedro Lavirgen Gil, tenor español. 1944 - Geraldine Chaplin, actriz. 1950 - Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo galego (m. 2002). 1962 - Wesley Snipes, actor estadounidense. 1965 - J. K. Rowling, escritora británica. 1967 - Minako Honda, cantante xaponesa. 1976 - Paulo Wanchope, futbolista costarriqueño.

Mortes miniatura|100px|Sándor Petõfi 1099 - Rodrigo Díaz de Vivar (El Cid). 1784 - Denis Diderot, escritor e filósofo francés (n. 1713). 1849 - Sándor Petőfi, poeta húngaro (n. 1823). 1878 - Marie Pape-Carpantier, pedagoga francesa (n. 1815). 1886 - Franz Liszt, compositor húngaro. 1900 - Vladimir Soloviev, pensador e poeta ruso (n. 1853). 1936 - José María Rivera Corral, empresario galego (n. 1856). 1944 - Antoine de Saint-Exupéry, escritor francés. 1978 - Severino Chacón Bergueiro, sindicalista galego (n. 1884). 1981 - Omar Torrijos, xefe do goberno de Panamá. 1993 - Balduíno, rei de Bélxica. 2001 - Poul Anderson, escritor de ficción científica estadounidense (n. 1926). 2003 - Guido Crepax, artista de banda deseñada italiano. 2012 - Gore Vidal, escritor norteamericano (n. 1925). 2017 - Jeanne Moreau, actriz francesa (n. 1928). 2024 - Ismail Haniyeh, líder de Hamas (n. 1963).

Festas e celebracións

Outros Santoral: Santo Ignacio de Loiola (1491-1556), santo vasco que foi fundador da Compañía de Xesús (xesuítas).

Os 366 días do ano

Categoría:Xullo