miniatura|dereita|Símbolo do sikhismo. miniatura|dereita|Home sikh diante do Templo Dourado. O sikhismo (en sikkhī, do 'aprendiz', ou śikṣa 'instrución'), tamén coñecido tradicionalmente como gurmat (literalmente, 'o consello dos gurús) ou dharma sikh (doutrina dos sikhs), é unha relixión monoteísta que se desenvolveu durante o século XV na rexión do Panxab, no contexto do conflito entre o hinduísmo e o islam. Os seguidores do sikhismo chámanse sikhs.
O termo sikh significa en panxabí discípulo forte e tenaz. A doutrina básica do sikhismo consiste na crenza dun único deus e as ensinanzas do gurú Nanak e dos Dez Gurús do sikhismo, recollidas no libro sagrado dos sikhs, o Guru Granth Sahib. Dun monoteísmo estrito, estas ensinanzas son unha síntese do movemento bhakti hinduísta e do sufismo islámico que nega a autoridade dos vedas, abole o sacrificio, o sacerdocio e o sistema de castas. Coas ensinanzas do último gurú Gobind Singh (1666-1708), o seu carácter pacifista transformouse nun espírito militar, rexeitando a doutrina non violenta do ahimsa. Os templos sikhs reciben o nome de gurdwaras e o máis importante é o Templo Dourado da cidade de Amritsar.
Os sikhs cren nun deus chamado Ek Onkar, omnipresente e con cualidades infinitas e, en certo xeito, son panteístas. Tamén cren na reencarnación, mais aceptan outras crenzas para despois da morte. Practican as virtudes da caridade, amabilidade e humildade contra os vicios da ira, gula e luxuria. Manteñen que hai igualdade entre todas as persoas (son contrarios ao sistema de castas da India) e procuran un estilo de vida chamado Chardi Kala, que se considera positivo e optimista.
É a quinta relixión máis importante do mundo por número de fieis, cun número estimado de 25 millóns de crentes en todo o mundo. A maior parte deles (o 75%) viven na rexión india do Panxab, onde representan o 60% da poboación, mais tamén hai comunidades sikhs importantes nos Estados Unidos, no Reino Unido, no Canadá, en Malaisia e en Singapur.
Os 10 gurús miniatura|dereita|Unha pintura Tanjore do século XIX amosando os dez gurús sikh con Bhai Bala e Bhai Mardana. # Nome Data de nacemento Inicio como gurú Data da ascensión Idade 1 15 de abril de 1469 20 de agosto de 1507 22 de setembro de 1539 69 2 31 de marzo de 1504 7 de setembro de 1539 29 de marzo de 1552 48 3 5 de maio de 1479 26 de marzo de 1552 1 de setembro de 1574 95 4 24 de setembro de 1534 1 de setembro de 1574 1 de setembro de 1581 46 5 15 de abril de 1563 1 de setembro de 1581 30 de maio de 1606 43 6 19 de xuño de 1595 25 de maio de 1606 28 de febreiro de 1644 48 7 16 de xaneiro de 1630 3 de marzo de 1644 6 de outubro de 1661 31 8 7 de xullo de 1656 6 de outubro de 1661 30 de marzo de 1664 7 9 1 de abril de 1621 20 de marzo de 1665 11 de novembro de 1675 54 10 22 de decembro de 1666 11 de novembro de 1675 7 de outubro de 1708 41 11 n/a 7 de outubro de 1708 n/a n/a As ensinanzas dos Dez Gurús sikhs (así como doutros sabios hindús e musulmáns) están contidas no Gurú-grant-sahib.
Crenzas e ritos Os sikhs cren nun deus panteísta, ou máis exactamente panenteísta. A primeira frase de todas as escrituras sikhs son dúas palabras, que reflicten a base das ensinanzas: «Ik Onkar» ("[hai] un só deus"), en punjabí, aínda que ten a súa orixe no vocábulo sánscrito «eka omkara» ("un só son om"), sendo eka: "un" (número); om, un mantra que representa o Brahman (o deun non-persoa do hinduísmo); e kara: ‘letra’.
ੳ (onkar): representa a Deus ou o poder trascendental. Trátase da letra ura (a primeira letra do alfabeto gurmují), mais cunha cola estendida. Pronúnciase |onkar| e representa todo o poder do universo, controlado por deus.
Segundo Bhai Gurdas, «ao escribir “un” (ik, ੧) ao principio, demostrouse que deus (quien subsume todas as formas nel), é un». Nisto diferénciase da Santísima Trindade (un só deus en tres persoas divinas, do cristianismo) ou do Trimurti (os tres deuses principais do hinduísmo).
Os cinco K ou artigos de fe miniatura|Un kirpan. Kesh: cabelos longos sen cortar. Khanga: un pequeno peite de madeira para recoller o cabelo. Kara: un brazalete metálico. Kachera: roupa interior de algodón. Kirpan: nas súas orixes era unha espada cerimonial, mais hoxe en día non é máis que unha daga pequena. Simboliza o poder e a liberdade do espírito, o autorespecto, a loita constante do ben e a moralidade sobre a inxustiza. O kirpan nunca se pode desenvaiñar para atacar, mais pode ser usado para autodefensa ou protexer a outro.
Khanda, o emblema sikh miniatura|O Khanda. Este símbolo está formado por tres armas, o khanda, situado entre dúas espadas curvas chamadas kirpans e un chakkar, arma con forma de disco. Cada arma ten un significado simbólico diferente:
Khanda: espada recta que simboliza o coñecemento de Deus. Kirpans: espadas curvas que representan a soberanía política e espiritual. Chakkar: arma en forma de disco que simboliza a unidade de Deus.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Imperio Sikh Moeda sikh Ligazóns externas Sikhs.org Sikhmuseum.com
Categoría:Sikhismo Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Relixión)