O 13 de xaneiro é o 13º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 352 días para finalizar o ano, 353 nos anos bisestos.
Acontecementos 1750 - España e Portugal asinan o Tratado de Madrid, definindo novos límites dos seus territorios en Suramérica 1854 - Anthony Foss, músico belga, patenta o acordeón 1916 - Iníciase no Iucatán (México), o I Congreso Feminista Nacional. 1953 - Josip Broz Tito é escollido presidente da Iugoslavia 1986 - Stephen P. Synnott descobre as lúas Belinda, Rosalinda e Desdémona do planeta Urano, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. 1998 - A Discoverer Enterprise racha as estachas de madrugada e vai bater contra a Ponte das Pías, deixando a Ferrol sen a súa principal vía de comunicación. 2018 - En Hawai, (Estados Unidos de América), envíase por erro unha alerta nuclear.«Causa pánico falsa alerta de misil balístico en Hawái» , artículo publicado el 13 de enero de 2018 en el sitio web Cuba Sí (La Habana).
Nacementos miniatura|100px|Jan van Goyen. 915 - Al-Hakam II, califa cordobés (f. 976). 1596 - Jan van Goyen, pintor holandés (m. 1656). 1749 - Friedrich Müller, poeta e pintor alemán (m. 1825). 1785 - Karl Adolf Agardh, botánico e bispo sueco (m. 1859). 1822 - Antonio María de la Iglesia, escritor galego (m. 1892). 1850 - Hermann Möller, lingüista e filólogo dinamarqués (m. 1923). 1864 - Wilhelm Wien, físico alemán, Premio Nobel de Física (m. 1928). 1879 - Melvin Jones, fundador do Lions Club Internacional (m. 1961). 1891 - José Juan Pérez Gómez, xornalista e escritor galego (m. 1947). 1901 - Carmen Prieto Rouco, poetisa e dramaturga galega (m. 1977). 1902 - Karl Menger, matemático austríaco (m. 1985). 1924 - Paul Feyerabend, filósofo da ciencia austríaco (m. 1994). 1927 - Sydney Brenner, biólogo surafricano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. 1938 - Gregorio Peces-Barba, político e xurista español (m. 2012). 1958 - Francisco Buyo, futbolista galego. 1961 - Anxo Angueira, escritor galego. 1970 - Marco Pantani, ciclista italiano (m. 2004). 1972 - Rafael Cuíña, empresario e político galego. 1977 - Orlando Bloom, actor británico. 1980 - María de Villota, piloto de fórmula 1 española. (m. 2013)
Mortes miniatura|100px|James Joyce. -86 - Caio Mario, político e militar romano (n. -157). 1852 - Fabian Gottlieb von Bellingshausen, mariño e explorador ruso (n. 1778). 1865 - Vicente Turnes del Río Maldonado, escritor e xornalista galego (n. 1786). 1891 - Manuel Alonso Martínez, xurista e político español (n. 1827). 1893 - José de la Cuesta Crespo, xurista, escritor e xornalista galego (n. 1849). 1906 - Luis Taboada, escritor galego (n. 1848). 1906 - Alexander Stepanovich Popov, físico ruso (n. 1859). 1932 - Sofía de Prusia, raíña consorte grega (n. 1870). 1941 - James Joyce, escritor irlandés (n.1882). 1957 - Aureliano Pardo Villar, frade e escritor galego (n. 1882). 1963 - Ramón Gómez de la Serna, escritor español (n. 1888). 2001 - Amando de Ossorio, director de cinema de terror galego (n. 1918). 2001 - Armando Durán Miranda, óptico e científico galego (n. 1913). 2002 - Amparo Montes, cantante mexicana (n. 1925).
Festas e celebracións Día Mundial da Loita contra a Depresión Día Mundial do Sticker."Os adhesivos do século XIX ata hoxe", en La Voz de Galicia 14.01.2026.
Santoral Santo Hilario de Poitiers.
Outros
Os 366 días do ano Notas
Categoría:Xaneiro