MonçãoMonção, mencionado na GEG nos artigos "Arbo", "Coral polifónica de Cariño", "Lanzós" e "Pesqueira". En ocasións escrito en galego Monçao, como en ou Monzón é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Xeografía esquerda|miniatura|Freguesías do concello de Monção.

Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km²,Instituto Geográfico Português, /ficheiros/cadastro/caop/caop_download/caop_2013_0/areasfregmundistcaop2013_2 Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Consultado o 2 de novembro de 2017. e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.INE (2012) – "Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia". Consultado o 2 de novembro de 2017.

Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I. Consultada o 2 de novembro de 2017. Abedim Anhões Badim Barbeita Barroças e Taias Bela Cambeses Ceivães Cortes Lapela Lara Longos Vales Lordelo Luzio Mazedo Merufe Messegães Monção Moreira Parada Pias Pinheiros Podame Portela Riba de Mouro Sá Sago Segude Tangil Troporiz Troviscoso Trute Valadares

O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Evolución da poboación Evolución da poboación do concello de Monção (1801 – 2004) Recenseamentos Gerais da População - Instituto Nacional de Estatística. Consultado o 2 de novembro de 2017. 1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004 12.095 14.983 26.077 24.585 27.393 23.799 21.799 19.956 19.842

Historia

Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus a deu.Portal Municipal de Monção, página de História . Consultada o 2 de novembro de 2017.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Castelo de Monção Guerras fernandinas Viana do Castelo Pazo da Brejoeira Eurocidade Salvaterra de Miño-Monção

Ligazóns externas Câmara Municipal de Monção .