O 28 de xaneiro é o 28º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 337 días para finalizar o ano, 338 nos anos bisestos.
Acontecementos 1521 - Comeza a Dieta de Worms, cume relixiosa e gobernamental, para discutir as teses de Lutero. 1547 - En Inglaterra morre Henrique VIII. O seu fillo Eduardo VI (de nove anos) sucédeo; será o primeiro rei protestante do país. 1731 - Primeira sesión da Academia Literaria Compostelana, presidida por Pablo Mendoza de los Ríos. 1808 - A Corte Portuguesa, instalada no Brasil asina a abertura dos portos brasileiros ás nacións amigas. 1918 - Termina a guerra civil en Finlandia. 1979 - A escritora Carmen Conde Abellán le o seu discurso de entrada na Real Academia Española. É a primeira muller en entrar nesta institución. 1986 - Explosión da nave espacial Challenger, matando os 7 tripulantes.
Nacementos miniatura|100px|Tomé de Aquino. 1225 - Tomé de Aquino, escritor, filósofo e teólogo italiano (m. 1274). 1457 - Henrique VII de Inglaterra, rei británico (m. 1509). 1611 - Johannes Hevelius, astrónomo polaco (m. 1687). 1809 - Theodor Benfey, filólogo alemán (m. 1881). 1841 - Henry Morton Stanley, explorador e xornalista galés (m. 1804). 1853 - José Martí, poeta e heroe cubano (m. 1895). 1873 - Sidonie Gabrielle Colette, máis coñecida como Colette, escritora francesa (m. 1954). 1887 - Arthur Rubinstein, pianista polaco (m. 1982). 1892 - Ernst Lubitsch, director de cinema estadounidense (m. 1947). 1898 - Abelardo Moralejo Laso, latinista e lingüista galego (m. 1983). 1908 - Urbano Lugrís, pintor galego (m. 1973). 1912 - Jackson Pollock, artista estadounidense (m. 1956). 1922 - Robert W. Holley, bioquímico estadounidense, Premio Nobel de Medicina en 1968 (m. 1993). 1925 - Sergio Rábade Romeo, filósofo galego (m. 2018). 1936 - Ismail Kadaré, escritor albanés. 1952 - Cándido Méndez, sindicalista español. 1955 - Nicolas Sarkozy, político francés, expresidente de Francia. 1978 - Gianluigi Buffon, futbolista italiano. 1981 - Elijah Wood, actor estadounidense.
Mortes miniatura|150px|Carlos Magno. thumb|150px|Ellison Onizuka. thumb|150px|Dick Scobee. 814 - Carlos Magno, emperador. 1547 - Henrique VIII de Inglaterra, rei e creador da Igrexa Anglicana (n. 1491). 1596 - Francis Drake, corsario inglés (n. 1543). 1754 - Ludvig Holberg, escritor dinamarqués (n. 1684). 1859 - Karl Adolf Agardh, botánico e bispo sueco (n. 1785). 1913 - Segismundo Moret, político e escritor español (n. 1833). 1924 - Antonio del Moral López, militar e político español (n. 1849). 1928 Vicente Blasco Ibáñez, escritor español (n. 1867). Xesús Fernández González, escritor e xornalista galego (n. 1870). 1930 - Manuel Antonio, poeta galego. 1939 - William Butler Yeats, poeta e dramaturgo irlandés (n. 1865). 1960 - Zora Neale Hurston, antropóloga e escritora norteamericana (n. 1891). 1972 - Dino Buzzati, escritor e xornalista italiano (n. 1906). 1979 - Jerzy Kurylowicz, lingüista polaco. 1986 - astronautas estadounidenses de Challenger: Gregory Jarvis. Christa McAuliffe, mestra. Ronald McNair. Ellison Onizuka. Judith Resnik. Dick Scobee. Michael J. Smith. 2013 - Julio Aróstegui, historiador español (n. 1939). 2014 - Blas Piñar, político ultradereitista español (n. 1918).
Festas e celebracións Día Internacional da Protección de Datos (ou da Privacidade da Información).
Outros Santoral: San Tomé de Aquino.
Os 366 días do ano
Categoría:Xaneiro