Ra, tamén chamado Rê segundo o nome copto reconstruído como *Rīʕu (ri-ah), tamén Phra e despois como Amon-Ra, significando literalmente "Sol". Foi a principal deidade na relixión do Antigo Exipto. Identificado inicialmente co Sol do mediodía, o centro principal de culto estaba en Heliópole ("Cidade do Sol"). Nas postreiras dinastías, Ra pasou a Horus. Estaba asociado cun falcón.
Iconografía Posúe o corpo dun home con cabeza de falcón e represéntase co disco solar.
Historia A principios do Imperio Antigo, Ra era só unha das varias deidades solares existentes, pero cara ao 2400 a. C. convertérase no deus oficial dos faraóns, que se consideraban a súa descendencia, e mesmo as súas encarnacións. Durante a dinastía V foi elevado a deidade nacional e posteriormente vencellado ao deus tebano Amón para converterse en Amón-Ra, a principal deidade do panteón exipcio.
Durante o período de Amarna, o faraón Akhenatón suprimiu o culto de Ra en favor dunha soa deidade solar Atón, o disco solar deificado, pero após a morte de Akhenatón restaurouse o culto a Ra como deus do sol.
Notas
Categoría:Deuses exipcios Categoría:Deuses creadores Categoría:Deidades dos leóns Categoría:Deuses do ceo e do clima Categoría:Deuses solares