O Premio Óscar ó mellor actor é unha das categorías dos Premios Óscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles (California). Entrégase a un actor que tivese unha interpretación nun papel principal na industria do cinema. Tradicionalmente, o premio é presentado pola gañadora do Óscar á mellor actriz na edición anterior.
A cerimonia da 1ª edición dos Óscar tivo lugar en 1929, e nela Emil Jannings gañou o premio polas súas interpretacións en The Last Command e The Way of All Flesh.
Actualmente, as candidaturas determínanse mediante voto singular transferible entre os membros da rama de intérpretes da Academia. Os gañadores elíxense mediante voto plural entre todos os membros con dereito a voto da Academia. Nas primeiras tres edicións dos premios, os actores eran candidatos por todo o seu traballo durante o período (ata por tres filmes nalgúns casos). Porén, durante a 3ª cerimonia, de 1930, só se citou un filme no premio final, aínda que o gañador tivese varios filmes na candidatura.
O ano seguinte, o sistema, complexo e pouco manexable, foi substituído polo actual, en que un actor é candidato por unha interpretación específica nun único filme. A partir da 9ª cerimonia, de 1937, a categoría limitouse a cinco candidaturas. Cinco actores foron candidatos postumamente, James Dean (en dúas ocasións), Spencer Tracy, Massimo Troisi, Chadwick BosemanChadwick Boseman is the 7th actor to receive a posthumous Oscar nomination. Here's who else has received the honor. e o gañador Peter Finch.
Lista dos premiados miniatura|120px|Emil Jannings foi o primeiro gañador nesta categoría polas súas interpretacións en The Last Command (1928) e The Way of All Flesh (1927). miniatura|120px|Daniel Day-Lewis foi o primeiro actor que gañou o premio en tres ocasións, por O meu pé esquerdo (1989), There Will Be Blood (2007) e Lincoln (2012) miniatura|120px|Spencer Tracy foi o primeiro actor que gañou o premio dous anos consecutivos, por Captains Courageous (1937) e Boys Town (1938). Recibiu outras sete candidaturas. miniatura|120px|Laurence Olivier gañou pola súa interpretación en Hamlet (1948), filme que dirixiu el mesmo. miniatura|120px|Sidney Poitier foi o primeiro actor negro que gañou por Os lirios do val (1963). miniatura|120px|Tom Hanks gañou dous premios consecutivos por Filadelfia (1993) e Forrest Gump (1994). miniatura|120px|Coa súa vitoria por La vita è bella (1998), Roberto Benigni converteuse no segundo actor en gañar o premio por un papel no que dirixiu a el mesmo e no primeiro gañador en lingua non inglesa. miniatura|120px|Con 29 anos, Adrien Brody é o actor máis novo en gañar o premio pola súa interpretación de Władysław Szpilman en O pianista (2002). miniatura|120px|Jean Dujardin foi o primeiro actor francés en gañar o premio po The Artist (2011). En letra grosa os que obtiveron o premio en máis dunha ocasión.