As moedas conmemorativas de 2 euros son pezas especialmente creadas polos estados membros da Eurozona dende 2004 para conmemorar algún acto importante para o país. As moedas, normalmente, edítanse para celebrar o aniversario dalgún evento histórico ou actual. Até novembro de 2006 editáronse 21 variantes de moedas de 2 euros, 6 en 2004, 8 en 2005 e 7 en 2006. A importancia destas series especiais radica no seu grande valor para os coleccionistas, que moi a miúdo pagan por elas prezos superiores ó valor nominal da moeda.
Regulación e restricións As bases da existencia de moedas conmemorativas derivan dunha decisión do Consello Europeo que eliminou a prohibición de trocar a cara nacional das moedas a partir do 1 de xaneiro de 2004. Porén, séguense a aplicar unha serie de recomendacións e restricións.
En canto ó deseño aparecen dúas restricións. Por un lado non se pode alterar a cara común das moedas de Euro. Por outro, os reversos nacionais per se non se deben alterar ata 2008 salvo que un xefe de Estado coa súa efixe atopada nunha moeda fine antes da data. (Isto xa se aplicou en Mónaco e Cidade do Vaticano, xa que os Xefes de Estado Rainiero III de Mónaco e Xoán Paulo II finaron en 2005 e as moedas foron trocadas en 2006).
Outras restricións fan referencia á cantidade de moedas que se poden emitir ó ano. Así, cada membro só pode crear unha moeda conmemorativa ó ano e sempre no formato de 2€. O número total de moedas postas en circulación ó ano non debe superar as seguintes medidas:
0,1 por cento do número total de moedas de 2€ postas en circulación por todos os membros da eurozona. Este límite pódese ampliar excepcionalmente ata o 2% se a moeda conmemora un evento moi importante. Neste caso o Estado membro que as emita debe absterse de publicar moedas conmemorativas nos seguintes 4 anos. 5,0 por cento do total de moedas de 2€ postas en circulación polo Estado membro en forma de moedas conmemorativas.
Outra decisión engadiu dúas restricións máis. O Estado que emita unha moeda conmemorativa debe ser identificado na cara nacional de tal xeito que non quede ningunha dúbida da súa procedencia e nin o nome nin a denominación da moeda debe repetirse no anverso da moeda do mesmo xeito que no reverso.
Estas restricións non se aplican retroactivamente; só os novos deseños están obrigados a cumprilas.
Para proceder á creación dunha moeda conmemorativa débese informar á Comisión polo menos seis meses antes da emisión. O Comité Económico e Social Europeo da Unión é o órgano competente para aprobar as emisións naqueles casos en que estea previsto un volume de emisión superior ao 0,1%. A descrición do deseño da moeda así como calquera outra información relacionada coa materia deberá ser publicado no Diario Oficial da Unión Europea.
Con carácter excepcional, o 25 de marzo de 2007 emitiuse unha moeda conmemorativa en todos os Estados da Eurozona para celebrar o 50 aniversario do Tratado de Roma. O deseño, aprobado por un xurado formado pola representante do parlamento, a señora Berès, o presidente do consello, o señor Junker e o comisario Almunia, será común para todos os países coa excepción do nome do país, a marca de ceca e o idioma empregado. Pese ó carácter excepcional do exemplar, aplicarase a lexislación vixente en materia de emisión de moedas conmemorativas. miniatura|dereita|
Características
Até novembro de 2006, dez países empregaron moedas conmemorativas de 2€ (Alemaña, Austria, Bélxica, Cidade do Vaticano, España, Finlandia, Grecia, Italia, Luxemburgo e San Marino), sendo Grecia o primeiro en empregar este tipo de moedas. Hai cinco Estados na Eurozona que aínda non emitiron moedas conmemorativas (Francia, Irlanda, Mónaco, Países Baixos e Portugal). Aínda que Francia nun principio pensara emitir unha, a Comisión Europea aínda non recibiu ningunha notificación ó respecto.
O valor nominal das moedas é normalmente máis baixo que o seu valor numismático, que está entre 3€ e 12€. As excepcións son San Marino e Cidade do Vaticano cuxas moedas véndense a 30€ ou 40€ para o primeiro e non menos de 100€ para o segundo.
Os deseños publícanse no Diario Oficial da Unión Europea. (dánse referencias a esta publicación na táboa inferior).
Nota: En heráldica, as direccións normalmente descríbense desde o punto de vista do escudo e non do xeito no que aparecen para o que as observa. Polo tanto, nas descricións aparecerá “á esquerda” cando en realidade obsérvase á dereita do lector.
Moedas de 2004 Imaxe Estado Evento Número Data Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas 50 millóns de moedas maio 2004 Descrición: O Discóbolo (escultura grega clásica atribuída a Mirón) atópase no centro da moeda. Á dereita atópase o logo dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e os cinco aros olímpicos, mentres que á esquerda aparece a denominación da moeda en grego (2 ΕΥΡΩ). A ducia de estrelas da bandeira da Unión Europea rodean o deseño. O ano atópase na parte inferior central e a marca de ceca atópase na parte superior central. Quinta ampliación da Unión Europea en 2004 1 millón de moedas xullo 2004 Descrición: O deseño da moeda amosa un tronco estilizado desde o que emanan 10 pólas. É unha figura metafórica: as 10 pólas representan aos dez novos estados mentres que o tronco representa á unión. Na parte inferior da moeda, a carón do tronco atópanse as letras EU que xunto coa parte esquerda do tronco forman a letra grega "ρ" (rho), que en conxunto lese "euro". O anel exterior está adornado polas doce estrelas da Unión así como o ano, que se atopa na parte baixa do anel. Efixe e Monograma de Gran Duque Enrique 2,49 millóns de moedas 26 de xullo 2004 Descrición: Á dereita da parte central atópase a efixie do Gran Duque de Luxemburgo mirando cara á esquerda. Na parte esquerda da moeda hai un H cunha coroa que forma o seu monograma. Tamén na zona esquerda están as doce estrelas da unión, rodeando o monograma de forma semicircular. O ano e a marca de ceca están impresos na parte superior do anel exterior, xunto coa palabra LËTZEBUERG ("Luxemburgo" en luxemburgués), mentres que as palabras HENRI — Grand-Duc de Luxembourg aparecen na parte inferior do anel. 50º aniversario do Programa Mundial de Alimentos 16 millóns de moedas 13 de decembro 2004 Descrición: No centro da moeda hai un globo dirixido cara a esquerda. Tres cereais emerxen de detrás do globo, alcanzando a parte exterior do anel. Estes cereais son millo, arroz e trigo, representando as fontes principais da alimentación no mundo. As letras R e I, Repubblica Italiana), e baixo elas encóntranse as iniciais de Uliana Pernazza. A marca da Ceca “M” está na parte superior dereita do globo, e as doce estrelas da unión rodean o deseño no anel exterior, divididas en tres grupos de catro separadas polos cereais. Bartolomeo Borghesi 110.000 moedas 16 de decembro 2004 Descrición: A peza central desta moeda é un busto do famoso historiador e numismático Bartolomeo Borghesi. Atópase rodeado por numerosas inscricións: no centro da moeda, á esquerda do busto BARTOLOMEO BORGHESI, a marca da ceca (R) e as iniciais (E.L.F.) atópanse á dereita. No anel exterior, a moeda amosa as doce estrelas da unión e o ano no centro inferior. 75º aniversario do Tratado de Letrán 85.000 moedas 16 de decembro 2004 Descrición: A parte central da moeda amosa unha representación dos muros da cidade e da Basílica de San Pedro, xunto coa inscrición 75o ANNO DELLO STATO (á dereita), 1929–2004 e a marca da ceca (R) (á esquerda). Ademais, aparece o nome do deseñador (VEROI) e as iniciais (L.D.S. INC.) que están escritas na parte inferior esquerda en letra mái pequena. O anel exterior está adornado coas doce estrelas da unión e a inscrición CITTÀ DEL VATICANO.
Moedas de 2005