Tintín e o lago dos tiburóns (en francés Tintin et le Lac aux Requins) é unha película de debuxos animados de Tintín, dirixida por Raymond Leblanc en 1972. A primeira edición en galego foi en 1984 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.

Características A película non foi escrita nin debuxada por Hergé, creador do personaxe, senón polo historietista belga Michel Regnier, máis coñecido polo seu pseudónimo de Greg. Jacques Careuil o encargado de darlle a voz ao protagonista no idioma orixinal.

Tras a estrea do filme realizouse unha adaptación á banda deseñada, usando como viñetas fotogramas da película, e engadindo globos de diálogo procedentes do guión.

Sinopse En Sildavia, cerca do lago Flechizoft, está o profesor Tornasol, que invitou a Tintín e ao Capitán Haddock a pasar unhas vacacións. O avión no que viaxan Tintín e Haddock sofre un accidente en estrañas circunstancias. Tras ser salvados por dous pequenos syldavos, finalmente chegan a casa do profesor, quen lles mostra o seu último traballo: unha máquina capaz de reproducir todos os obxectos en tres dimensións.

As infinitas posibilidades que ofrece tal descubrimento suscitan perigosas cobizas, en particular do odioso Rastapopoulos, disposto a todo para apropiarse do xenial invento.

Véxase tamén Outros artigos As aventuras de Tintín Ligazóns externas Tintin et le Lac aux requins sur Histoires de tournages Tintin and the Lake of Sharks'', 44pp, first UK edition published by Methuen, 1973.

Lago dos tiburóns Categoría:Filmes de 1972 Categoría:Filmes ambientados en Bruxelas Categoría:Filmes de 1972 con versión en galego