A polo ghit é un concurso de música con letra en galego que organizan conxuntamente o diario electrónico Vieiros e a Radio Galega desde 2006, e que ten a finalidade de encontrar unha canción do verán en galego. A Radio Galega deixou de colaborar co concurso na edición do ano 2010.

Historia A idea orixinal foi de María Yáñez, directora no ano 2006 do medio. A colaboración coa Radio Galega viu dada pola participación desta xornalista en Extrarradio, programa onde se emitían moitas das pezas participantes."A Polo Ghit, as orixes", Vieiros, 24 de maio de 2010. As bases especificaban que as composicións debían estar baixo licenza Creative Commons o que permitira a súa reprodución, distribución e copia libre.

En abril de 2010 Vieiros anunciou unha nova edición do concurso, pero informando que a Radio Galega non apoiaba ese ano o certame."Un lustro de éxitos: A Polo Ghit 2010!", Vieiros, 12 de abril de 2010.. O propio medio informou dos intentos por parte da emisora do rexistro do nome do concurso e variantes."A Radio Galega tenta sen éxito apropiarse de A Polo Ghit", Vieiros, 13 de abril de 2010. Posteriormente a compañía radiofónica informa da creación dun novo concurso chamado Vasacarnota?, artellado arredor do programa Somos quen. Sobre as acusacións, a compañía argumentou que posuía probas da autoría da idea orixinal e afirmou que os convenios firmados entre os dous medios xa non estaban en vigor."Vieiros y Radio Galega se disputan la canción del verano", El País, 13 de abril de 2010 .

Durante as distintas edicións o concurso tamén foi acusado polo visitantes da web da pouca seriedade dos medios de votación.Comentarios sobre o gañador da edición 2009, polo que o xornal foi variando o sistema de votacións en cada edición.

Edicións Na edición A polo ghit 2006 presentáronse un total de 38 cancións, e o xurado escolleu como gañadora "In the Ocean", de Pulpiño Viascón. Editouse un disco con todas as cancións que tamén se pode descargar da rede gratuitamente.

Na edición A polo ghit 2007 participaron 52 cancións de case outros tantos grupos, a maioría noveis ou non moi coñecidos. Resultou gañador o tema "Biocultivos", do grupo Sacha na Horta. O tema fala da vida e da visión do mundo do grupo de mulleres que conforman o grupo, que viven na compostelá rúa das Hortas e que non tiña experiencia anterior no mundo da canción. O xurado estivo formado por Luís Queimada, Vincent Jalo, María Yáñez e Xavier Campos. O grupo gañador gravou un videoclip na Televisión de Galicia e voou a Cuba para participar na Feira do Libro da Habana en febreiro do 2008, coa delegación da Consellaría de Cultura.

Na edición A polo ghit 2008 o tema gañador foi "Planeta 19", do grupo Boy Elliott. O grupo representou a Galiza no Liet International, o Euro-Festival de linguas minorizadas, celebrado o 18 de outubro na cidade saami de Luleå. Nesta ocasión o xurado estivo formado por Tito Lesende (crítico musical), Xosé Manuel Pereiro (decano do CPXG e compoñente de Radio Océano), Patricia Romero (presidenta do club de fans da Orquestra Panorama) e Ramón Domínguez (dillei Zarpaelamor).

Na edición A polo ghit 2009 o tema gañador foi "O fillo do mar" do grupo A banda de Balbina, e o xurado estivo formado por Belén Xestal e Alberto Dopico (do programa da TVG, Quen Toca?), Alberto Rivero (da Radio Galega) e o actor e humorista Roberto Vilar.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina para ouvir ou descargar as cancións da edición 2007 Nova e descarga de balde da edición do 2006

Categoría:Música de Galicia