Robert Moog, nado en Nova York o 23 de maio de 1934 e finado en Asheville (Carolina do Norte) o 21 de agosto de 2005, foi un inventor, músico e enxeñeiro estadounidense. Xunto co compositor Herbert Deutsch inventou o moderno sintetizador, o Moog, presentado nun congreso en 1964.
Traxectoria O primeiro Moog era monofónico (o que imposibilitaba a creación de acordes) e precisaba ser afinado constantemente, pois era analóxico. Creou a empresa Moog Music Inc., na cal foran producidos os sintetizadores utilizados por artistas como Wendy Carlos (na banda sonora de A Clockwork Orange) e polo grupo de rock progresivo Emerson, Lake & Palmer, polo tecladista Keith Emerson. Lanzou posteriormente o Minimoog, o máis vendido da empresa en todos os tempos. Inventou o Moog Taurus, un sintetizador para ser tocado cos pés, para ser utilizado como un contrabaixo, o Vocoder (ligado a un micrófono, permitía a alteración na voz), o Polymoog, de 1976, polifónico e que viña con sons gravados de fábrica, e o Moog Liberation, teclado que permitía ser colocado no usuario como unha guitarra, alén do Memorymoog, que permitía a gravación de sons polo tecladista.
Non se limitou apenas a tecnoloxía do sintetizador, tamén inventou outros instrumentos, como o theremin (instrumento musical electrónico que é executado movéndose as mans preto dunha antena, moi usado en filmes de ciencia ficción e horror), pola Big Briar, empresa que fundou ao se retirar da Moog.
Véxase tamén Outros artigos Moog (sintetizador)
Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Finados por tumor cerebral Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 2005 Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América