miniatura|dereita|200 px|Cacatúa de Tanimbar As Tanimbar (ou Timor Laut) son un grupo de 66Susan McKinnon From a Shattered Sun: Hierarchy, Gender, and Alliance in the Tanimbar Islands, 1991, ISBN 0299131548, páxina 4 illas pertencentes a Indonesia, dentro da provincia das Molucas.
De 5.500 km² e uns 60.000 habitantes, atópanse entre Timor e Nova Guinea. A illa principal é Yamdena, de 2.900 km², onde se atopa Saumlaki, a localidade máis importante; outras das maiores illas son Selaru e Larat. Nelas cultívanse millo, arroz, batata, manga e papaia. Tamén hai pesca de nácara e trepang.
Como o resto de illas orientais indonesias, as Tanimbar pertencen a área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, ao ser illas situadas entre o Sueste asiático e Oceanía. Atópanse especies como a rara cacatúa de Tanimbar (Cacatua goffini), a curuxa de Tanimbar (Tyto sororcula) ou o Tiliqua Scincoides chimaerea.
As illas Tanimbar foi de sempre unha área illada. Aínda que nominalmente holandesa durante séculos, os holandeses non a pacificaron ata comezos do século XX. Ata 1979 cada vila gobernábase arredor dun gobernante hereditario.David G. Anderson e Eeva K. Berglund Ethnographies of Conservation, 2004 ISBN 1571816968, páxina 53
Relixión Segundo o censo indonesio o 71% da poboación é cristián e o 29% musulmá En Indonesia, estatisticamente, clasifícase como musulmá a calquera persoa que non indique pertenza a unha das principais relixións do país. En 1892 estableceuse no arquipélago o primeiro pastor protestante e para 1920 dous terzos da poboación era protestante, os católicos que chegaran en 1910 constituían o resto da poboación, e apenas había musulmáns na rexiónKarel Steenbrink Catholics in Indonesia 1808-1942, 2003, ISBN 9067182605, páxina 206, Notas
Tanimbar Tanimbar