Harry Potter and the Prisoner of Azkaban é o terceiro videoxogo da serie de Harry Potter, que foi lanzado á venda no 2004, simultaneamente coa estrea do filme co esmo nome, Harry Potter e o preso de Azkaban. Ámbalas dous cousas, o xogo e o filme, están baseados na terceira novela da saga Harry Potter, de J. K. Rowling. O xogo foi creado para PC (Windows), Game Boy Advance, Xbox, GameCube e PlayStation 2.
Argumento Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e o preso de Azkaban.
Harry, Ron e Hermione coñecen que un perigoso home, Sirius Black, escapou do cárcere para magos, Azkaban, e que está, supostamente, buscando a Harry para matalo. Os tres amigos dominan os feitizos necesarios para facer fronte a Black. Porén, Black non é tan malo como aparenta: foi culpado dos asasinatos de trece persoas facía trece anos, pero o verdadeiro asasino, Peter Pettigrew, está escondido co disfrace do rato mascota de Ron, Scabbers. Xunto con Remus Lupin e Black, Harry, Ron e Hermione desenmascaran a Pettigrew. Usando un xiratempos, Harry e Hermione volven atrás no pasado e rescatan o hipogrifo de Hagrid, Buckbeak, e utilízano tamén para rescatar a Black.
Personaxes cos que se pode xogar Versión para PC: (Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo os feitizos Alohomora, Depulso, Lumos, Espongificación e Rictusempra).
Harry Potter obtén o "Mapa do Merodeador" en forma de minimapa que serve para guiar ao xogador, mostrándolle o perfil do terreo onde se atopan Harry, Ron e Hermione. Os feitizos que aprende durante o xogo son: Expecto Patronum e Glacius. Hermione Granger aprende dous feitizos: Draconifors e Lapifors. Ron Weasley só aprende un feitizo ao longo do xogo: Carpe Retractum.
Versión para consola: (Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo o feitizo Flipendo).
Harry Potter é o único que pode saltar, ademais de ser o que poder correr máis rápido. Obtén o "Mapa do Merodeador" en forma de minimapa que serve para guiar ao xogador, mostrándolle o perfil do terreo onde se atopan Harry, Ron e Hermione. Os feitizos que aprende durante o xogo son: Carpe Retractum e Expecto Patronum. Hermione Granger e a única que pode pasar a través de espazos pequenos e sabe a meirande parte dos feitizos: Glacius, Reparo, Draconifors e Snufflifors. Ron Weasley é o único que pode pasadizos secretos e usar pelotas de cheiros noxentos e bombas de esterco. Durante o xogo só aprende o feitizo: Lumos Duo. Dean Thomas, Neville Longbottom, Parvati Patil, Draco Malfoy, Vincent Crabbe, Gregory Goyle, Ravenclaw; pódese xogar con todos os estudantes de Hufflepuff e Slytherin no minixogo do "Club de Duelo". Os únicos feitizos que saben son: Flipendo e Expelliarmus.
Véxase tamén Ligazóns externas Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (PC) en MobyGames Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (Game Boy Advance) en MobyGames Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (GameCube, PlayStation 2, Xbox) en MobyGames
#3 Categoría:Videoxogos de 2004 Categoría:Videoxogos de Electronic Arts Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Reino Unido Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América Categoría:Videoxogos de Game Boy Advance Categoría:Videoxogos de Nintendo GameCube Categoría:Videoxogos de PlayStation 2 Categoría:Videoxogos de Warner Bros. Interactive Entertainment Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox Categoría:Videoxogos baseados en filmes