A Liga Armada Galega foi unha organización terrorista galega que atentou o 24 de agosto de 1978 contra dous policías en Vigo que resultaron feridos. O día 26 de agosto un grupo atracou unha sucursal do Banco del NoroesteTemor en Galicia ante una posible escaIada terrorista, El País, 27 de agosto de 1978. e o 28 dese mesmo mes reivindicou o asasinato dun Garda Civil en Santiago de Compostela,Dos guardias civiles y dos policías, asesinados ayer, El País, 29 de agosto de 1978. se ben posteriormente o GRAPO reivindicou a autoría e acusou á LAG de ser un «invento».Ficha de Manuel Vázquez Cacharrón, en la sección de víctimas del terrorismo en la web de la Guardia Civil. Manuel Vázquez Cacharrón está clasificado como víctima del GRAPO.
Porén, o grupo aínda levou a cabo algunhas accións, cesando a súa actividade trala detención, o 1 de setembro de 1980, de catorce persoas vinculadas ao nacionalismo galego aos cales se acusou de pertencer á LAG.Nuevo grupo de radicales armados, El País, 6 de febreiro de 1987 Varios dos detidos foron condenados a prisión.Efemérides con dificultades, La Voz de Galicia, 26 de decembro de 2000.
O grupo musical Siniestro Total menciona esta organización nun dos seus temas máis emblemáticos, Miña terra galega.
Notas
Categoría:GRAPO Categoría:Organizacións terroristas en Galicia Categoría:Movementos de liberación nacional Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes