miniatura|A raíña Isabel II do Reino Unido (1952-2022). Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie) recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.
A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.
Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.
Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno ) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (rei: Carlos III do Reino Unido e primeiro ministro: Rishi Sunak), Suecia, Países Baixos etc.
Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, o rei Carlos III do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros do Canadá, Bahamas ou Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.
Tipos de monarquías Segundo a teoría política pódense considerar varios tipos de réximes monárquicos:
Monarquía absoluta A monarquía absoluta é unha forma de goberno na que é o monarca quen exerce o poder sen restriccións en termos políticos, e na maior parte dos casos tamén nos aspectos relixiosos, ou polo menos cun gran compoñente espiritual.
Monarquía constitucional e monarquía parlamentaria Historicamente, as limitacións ao poder dos monarcas xurdiron en Europa a partir da crise do Antigo Réxime, que nalgúns casos conduciu á supresión da monarquía e á constitución de repúblicas, como en Francia durante a Revolución francesa entre 1791 e 1804 ou en Inglaterra durante a Revolución Inglesa entre 1649 e 1660, mentres que noutros (como na monarquía polaco-lituana entre 1569 e 1795) o rei aceptou ceder parte do seu poder e compartilo con representantes elixidos.John Markoff describes the advent of modern codified national constitutions as one of the milestones of democracy, and states that "The first European country to follow the U.S. example was Poland in 1791." John Markoff, Waves of Democracy, 1996, ISBN 0-8039-9019-7, p.121.
Na monarquía parlamentaria, o goberno é responsable ante o Parlamento, que é o depositario da soberanía nacional.
Monarquías híbridas Ao longo da historia existiron sistemas de goberno a medio camiño entre a monarquía absoluta e a constitucional, onde o monarca se ve obrigado a ceder parte do seu poder a un goberno en ocasións democrático, pero continúa a manter unha importante influencia política. A evolución foi moi diferente segundo os países, e depende do dereito comparado.
Monarquía electiva A monarquía electiva é unha forma de goberno na cal o monarca é elixido por votación a través dalgún mecanismo de natureza variábel. A diferenza da democracia, os electores e os candidatos pertencen a algún corpo restrinxido, polo cargo ocupado, a pertenza a un estamento (nacemento), ou algún tipo de condición persoal ou social. Na actualidade fican moi poucos países con esta forma de goberno; un deles é Malaisia.
Monarquías vixentes PaísTipo de monarquíaRei ou raíñaHerdeiro o herdeiraAndorraCoprincipado parlamentario electivoNon foron designadosBélxicaMonarquía parlamentaria federal hereditariaFilipe Rei dos BelgasIsabel Princesa herdeira de Bélxica e Duquesa de BrabanteCidade do VaticanoPapado absoluto electivoLeón XIV Papa da Igrexa Católica Non foi designadoDinamarcaMonarquía constitucional hereditariaMargarida II Raíña de Dinamarca e Condesa consorte de MonpezatFederico Príncipe herdeiro de Dinamarca e Conde de MonpezatEspañaMonarquía parlamentaria hereditariaFilipe VI Rei de EspañaLionor Princesa de Asturias, Xirona e VianaLiechtensteinPrincipado constitucional hereditarioHans-Adam II Príncipe soberano de LiechtensteinLuís Príncipe herdeiro de Liechtenstein, Conde de Rietberg e Duque consorte en BavieraLuxemburgoGran Ducado Parlamentario hereditarioHenrique I Gran Duque de LuxemburgoGuillerme Gran Duque herdeiro de Luxemburgo, Príncipe de NassauOrde de MaltaPrincipado electivoFrei Mateo Festing Príncipe e Gran Mestre da Orde de MaltaNon foi escollidoMónacoPrincipado parlamentario hereditarioAlberte II Príncipe soberano de MónacoXaime Príncipe herdeiro de Mónaco e Marqués de BauxNoruegaMonarquía constitucional hereditariaHarald V de NoruegaHaakon Magno Príncipe herdeiro de NoruegaPaíses BaixosMonarquía parlamentaria hereditariaGuillerme Alexandre I Rei dos Países BaixosCatalina Amalia Princesa de OrangeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do NorteMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesaySueciaMonarquía parlamentaria hereditariaCarlos XVI Gustavo Rei de SueciaVitoria Princesa herdeira de Suecia e Duquesa de VästergötlandAustraliaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesayIllas SalomónMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesayPapúa-Nova GuineaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesayNova ZelandiaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesaySamoaMonarquía democrática parlamentaria unitaria hereditaria electiva alternada entre Tapua e MalietoaTuitatua Tapua Rei de SamoaNon foi escollidoTongaMonarquía parlamentaria hereditariaTupou VI Rei de TongaTupoutoʻa ʻUlukalala Príncipe herdeiro de TongaTuvaluMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesayAntiga e BarbudaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesayBahamasMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesayBarbadosMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesayBelizeMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesayCanadáMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesayGranadaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesayXamaicaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesaySaint Kitts e NevisMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesaySan Vicente e as GranadinasMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesaySanta LucíaMonarquía parlamentaria hereditariaIsabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da CommonwealthCarlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e RothesayAfroboliviaMonarquía constitucionalJulio I Rei afrobolivianoRolando Pinedo Príncipe herdeiro afrobolivianoLesothoMonarquía parlamentaria hereditariaLetsie III Rei de LesothoLerotholi David Príncipe herdeiro de LesothoMarrocosMonarquía constitucional hereditariaMohamed VI Rei de MarrocosMoulay Hassan Príncipe herdeiro de MarrocosEswatiniMonarquía absolutaMswati III Rei de EswatiniNon foi escollidoArabia SauditaSultanato absolutistaSalmán Sultán de Arabia SauditaMohamed Príncipe herdeiro de Arabia SauditaBahrainMonarquía constitucionalHamad II Rei de BahrainJeque Salmán Príncipe herdeiro de BahrainBruneiSultanato absolutistaHassanal Bolkiah Sultán de BruneiAl-Muthadee Billah Príncipe herdeiro de BruneiButánMonarquía constitucionalJygme Khesar Namgyal V Rei Dragón de ButánJygme Namgyal Príncipe dragón de Bután
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Monarquía absoluta Monarquía constitucional República
Categoría:Formas de estado Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Ciencias sociais)