Vairaatea (antes San Miguel Arcanxo, Lord Egmont e Industriel) é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Nukutavake. Está situado a 180 km ao sueste de Hao.

Xeografía

O atol está formado por dous illotes, cun único paso navegable á lagoa interior. A superficie total é de 3 km². A vila principal é Ahurua, e a poboación total era de 70 habitantes no censo de 1996.

Historia

Foi descuberto por Pedro Fernández de Quirós en 1606, que o chamou San Miguel Arcanxo. Outros nomes históricos son: Lord Egmont e Industriel.

Categoría:Atois de Tuamotu