Vanavana é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluído na comuna de Tureia. Está situado ao sueste do arquipélago, a 55 km ao leste de Tureia e 110 km ao norte de Mururoa.
Xeografía
É un atol pequeno de forma ovalada con 5 km de longo e 3,2 km de ancho. A superficie terrestre é de 2 km² e a lagoa é de 3 km². Ten dúas canles abertas á lagoa (hoas), unha no leste e o outra ao oeste.
Só é visitado ocasionalmente desde os atois veciños para colleitar copra. Non dispón de infraestruturas.
Historia
Foi descuberto polo inglés Frederick Beechey en 1826, que o chamou Barrow.
Categoría:Atois de Tuamotu