Brimin Kiprop Kipruto ou Brimin Kipruto, nado o 31 de xullo de 1985 en Keiyo, é un atleta kenyano especialista en medio fondo e particularmente nos 3.000 m valados.

Traxectoria deportiva Brimin Kipruto é un atleta kenyano que se ten dedicado ao medio fondo en pista, e particularmente aos 3.000 m valados. Empezou a competir a nivel internacional xa en 2001, con só 16 anos, se ben en distancias curtas, pero a súa consagración chegoulle cando conseguiu a medalla de prata nos 3000 m valados nos Xogos de Atenas en 2004, con só 19 anos. Nos mundiais de Helsinqui en 2005 foi bronce nesa proba, pero conseguiu o ouro nos mundiais de Osaca en dous anos máis tarde, cunha marca de 8'13"82.

Vive na vila de Korkitony e adestra con Patrick Sang e Joseph Chelimo. A súa mellor marca é 8'04"22, realizada o 8 de xullo de 2005.

Palmarés Campión do mundo de 3000 mv (2007) Prata olímpica de 3000 mv (2004) Medalla de bronce nos Mundiais de 3000 mv (2005) Medalla de bronce nos Mundiais de 1500 mv júnior (2004)

Categoría:Mediofondistas Categoría:Atletas olímpicos de Kenya Categoría:Nados en Kenya Categoría:Nados en 1985 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Kenya Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Kenya