A noiva cadáver (en ) é un filme de animación do ano 2005 dirixido por Tim Burton. Estreouse en galego o 31 de outubro de 2010 a través da TVG.
Sinopse
Ante un matrimonio de conveniencia que unirá o sangue dos enriquecidos burgueses Van Dort e dos paupérrimos aristócratas Everglot, os noivos, Vítor e Vitoria, frustrados porque non se viran nunca antes, sentirán o frechazo dun amor a primeira vista a véspera da súa voda.
Foran prometidos polos seus pais e en canto se ven namóranse, pero Víctor, atacado polos nervios no ensaio pre-voda, non consegue pronunciar os seus votos, acaba queimando o vestido da súa futura sogra e sae correndo cara ao bosque. Alí empeza a ensaiar os votos e acaba colocando a súa alianza no que resulta ser o dedo do cadáver enterrado dunha nova noiva, Emily, que foi asasinada polo seu prometido, que a enganou para roubarlle as xoias e os cartos.
Tempo despois, Víctor ó verse nun apuro, vai ó mundo dos mortos a vivir coa súa agora esposa, e alí ve a diferenza que separa a este do dos vivos.
Ó regresar Víctor ó mundo real coa súa verdadeira prometida, vaise dando conta que en realidade sente algo por Emily e quere correspondela.
Personaxes Johnny Depp como Victor Van Dort Helena Bonham Carter como Emily Emily Watson como Victoria Everglot Tracey Ullman como Nell Van Dort Paul Whitehouse as William Van Dort / Mayhew / Paul the "Head Waiter" Joanna Lumley como Lady Maudeline Everglot Albert Finney como Lord Finis Everglot Richard E. Grant como Lord Barkis Bittern Christopher Lee como Pastor Gallswells Michael Gough como Elder Gutknecht Jane Horrocks como The Black Widow Enn Reitel como Maggot Deep Roy como Xeneral Bonesapart Danny Elfman como Bonejangles
Premios 2005 Mostra de Venecia - Premio Future Filme Festival Dixital Award NBR - Best Animated Feature 2006 Annie - Ub Iwerks Award for Technical Achievement
Ademais foi nomeada a outros premios entre os que destaca o Oscar ó mellor filme de animación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Tim Burton Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego