Katharine Houghton Hepburn, nada en Hartford, Connecticut o 12 de maio de 1907 e finada en Fenwick, Connecticut o 29 de xuño de 2003, foi unha actriz estadounidense. É a única actriz que gañou catro Óscars e unha das máis nomeadas, con doce candidaturas, tan só superada por Meryl Streep con vinte e unha candidaturas.

Traxectoria Primeiros anos Nada en Hartford, Connecticut en 1907, pertencía a unha familia descendente de colonos de Mayflower e ata tiña sangue real nas súas veas. O seu pai era xinecólogo e foi quen a educou. A súa nai, Katharine Houghton, era unha decidida sufraxista moi activa na súa comunidade e que loitou polo recoñecemento das prostitutas e a planificación familiar.

Hepburn criouse nun ambiente libre e tolerante, algo que marcaría o seu carácter. Practicou desde moi pequena moitos deportes e segundo conta na súa autobiografía, un verán cortou o pelo, fíxose chamar "Jimmy" e, segundo ela mesma, foi un marimacho. Sendo moi nova, Hepburn recibiu un duro golpe: o seu irmán Tom de 14 anos, a quen ela estaba moi unida, suicidouse aforcándose en Nova York durante unha visita a un familiar: isto converteuna nunha moza retraída e pouco comunicativa. Deixou os estudos na escola e deu clases coa súa nai na súa casa.

Iniciou os seus estudos de física no Bryn Mawr College, lugar onde comezou as súas actuacións teatrais. Cando os terminou en 1928 decidiu dedicarse totalmente á interpretación. Tivo pequenos papeis en obras como The Czarina onde fixo unha substitución e viaxou a Nova York, onde tomou clases de dicción coa antiga cantante Frances Robinson Duff.

En 1932 tivo un enorme éxito coa obra teatral The Warrior's Husband, unha fábula grega. Ese mesmo ano foi requirida polo cine e protagonizou para a RKO A Bill of Divorcement, xunto a John Barrymore e dirixida por quen sería un dos seus máis íntimos amigos, George Cukor. O ano seguinte protagonizou Christopher Strong na que interpretaba unha piloto, moi inspirada na figura de Amelia Earhart.

En 1933 gañou o seu primeiro Oscar por interpretar unha actriz provinciana que vai buscar gloria na gran cidade en Morning Glory e o ano seguinte, en 1934, fíxose co premio á mellor actriz no Festival de Venecia pola súa interpretación en Little Women, onde interpretou a Jo March, na versión de George Cukor do clásico "Little Women".

Veleno para o negocio e recuperación miniatura|Katahrine Hepburn (1943).

As súas seguintes películas, The Little Minister, na que interpretou unha xitana irlandesa, e o gran clásico da screwball comedy Domando a fera, foron un rotundo fracaso e as produtoras bautizárona como "veleno para o negocio" xunto a Fred Astaire, Joan Crawford e Marlene Dietrich.

Protagonizou xunto ás "Mozas da RKO", Damas do teatro (1937), que foi candidata a varios Óscar, pero non asentou totalmente a Hepburn. En 1933 e tralo éxito de Morning Glory, interveu na obra teatral The Lake, pola que recibiu malas críticas. Volveu a Connecticut coa súa familia e regresou triunfante a Broadway coa comedia The Philadelphia Story, que en 1940 foi adaptada para o cine e protagonizada por ela, James Stewart e Cary Grant, e que a devolveu á gloria cinematográfica. O guión desa cinta foi un agasallo do magnate Howard Hughes, a súa parella.

En 1942, protagonizou xunto a quen sería o amor da súa vida, Spencer Tracy, con quen mantivo unha relación sentimental ata a morte do actor, a comedia Woman of the Year na que amosou o seu plurilingüismo falando francés, ruso e español. Hepburn e Tracy fixeron nove películas xuntos. Xa nos anos corenta protagonizou xunto a el, Without Love dirixida por George Stevens ou The Sea of Grass de Frank Capra e con Angela Lansbury. En 1949, compartiron pantalla en Adam's Rib que narra as situacións nas que un matrimonio de avogados se atopa cando se enfrontan nun tribunal.

En 1951 rodou con Humphrey Bogart dirixida por John Huston The African Queen. O ano seguinte realizou en Venecia, dirixida por David Lean, Summertime, na que interpreta unha solteirona secretaria de vacacións que descobre o amor. Durante todos os anos cincuenta, Hepburn realizou numerosas obras de teatro, entre elas Como goste e O mercador de Venecia de William Shakespeare e The Millionairess de George Bernard Shaw.

A tranquilidade dunha estrela En 1959, Hepburn realizou o papel máis iconoclasta da súa carreira, o de Violet Venable en Suddenly, Last Summer de Tennessee Williams, xunto a Elizabeth Taylor e Montgomery Clift, e polo cal foi aclamada pola critíca. Logo fixo algunhas adaptacións cinematográficas de obras teatrais, como Long Day's Journey Into Night de Eugene Ou'Neill, na que interpreta unha morfinómana metida nunha familia rota e pola que gañou o premio á mellor actriz no Festival de Cannes.

Logo de cinco anos de parón, nos que coidou un cada vez máis enfermo Tracy, reapareceu xunto a el no seu último filme xuntos A que non sabes quen vén cear esta noite?, trala que Tracy morreu. Hepburn gañou, por este filme, o seu segundo Óscar; moitos din que non llelo concederon a Hepburn pola súa interpretación -considerada magnífica, por outra banda- senón como agradecemento por coidar tantos anos de Tracy. Hepburn nunca viu a montaxe final do filme polos recordos dolorosos que lle traía. Nese filme a súa sobriña Katharine Houghton, fixo o papel da súa filla.

En 1968 interpretou a Aliénor de Aquitania en The Lion in Winter e gañou o seu terceiro Oscar, compartido con Barbra Streisand por Funny Girl.

No ano 1969 Hepburn realizou un dos seus papeis máis recordados no teatro, o da protagonista de Coco, musical de grande éxito inspirado na vida da deseñadora de moda Coco Chanel.

Xa nos anos 70, Hepburn realizou papeis importantes en máis adaptacións á pantalla de clásicos teatrais, como o da Condesa Aurelia en The Madwoman of Chaillot de Jean Giradoux e o de Hecuba en The Trojan Women de Eurípides xunto a Irene Papas e Vannesa Redgrave. Interveu en A Delicate Balance con Paul Scofield e dirixida por Anthony Harvey e na obra de teatro filmada The Glass Menagerie.

En 1975 encarnou a Eula Goodnitgh en Rooster Cogburn, un filme do Oeste xunto a John Wayne e cun argumento que lembra o de The African Queen.

Realizou ademais algúns traballos para televisión, como Love among the Ruins, dirixida por George Cukor e con Laurence Olivier, pola que gañou un premio Emmy, ou The Corn Is Green. En 1981, Hepburn interveu na romántica On Golden Pond xunto a Henry Fonda e polo cal gañou o seu cuarto Óscar.

Os seus últimos papeis no cinema foron o de Grace Quigley, no que interpretou unha anciá que contrata un sicario, Nick Nolte, para matar os seus amigos que xa sofren alifates, e o da anciá tía Ginny na película de Warren Beatty, Love Affair. A partir de aí Hepburn realizou pequenas películas para televisión que a mantiveron en activo pero unha vez o seu estado de saúde se agravou retirouse a Connecticut.

Vida privada Casada con Ludlow Ogden Smith, divorciouse del na década dos 30 e mantivo relacións con John Ford, que a dirixiu en María Estuardo, co seu axente Leland Hayward e co magnate Howard Hughes.

En 1942 coñeceu a Spencer Tracy, do que non se separou ata morte del en 1967. Hepburn e Tracy mantiveron esta duradeira relación sen casar, pois Tracy, que era católico, non quixo separarse nunca da súa esposa. Cando chamou á viúva Louise para dicirlle que poderían ser amigas, esta contestou “pensei que só era un rumor”. Hepburn non puido asistir ao enterro de Tracy.

Aínda que moitos dixeron que Hepburn padecía a enfermidade de Parkinson, ela sempre o negou dicindo que os tremores eran herdanza do seu avó, ao que tamén lle tremían as articulacións e a cabeza. Hepburn padeceu tamén un tumor no pescozo. Finou na súa casa de Old Saybrook, no estado de Connecticut o 29 de xuño de 2003.

Katharine Hepburn publicou a súa autobiografía no ano 1991 co título de Me: Stories of My Life. Hepburn xa publicara un libro coas súas experiencias na rodaxe de The African Queen.

Filmografía miniatura|220px|dereita|Katharine Hepburn en The African Queen. A Bill of Divorcement (1932) como Sydney Farfield Christopher Strong (1933) como Lady Cynthia Carrington Morning Glory (1933) como Eva Lovelace Little Women (1933) como Jo March Spitfire (1934) como Trigger Hicks The Little Minister (1934) como Bárbara Break of Hearts (1935) como Constance Dane Roberti Alice Adams (1935) como Alice Adams A grande aventura de Silvia (1936) como Sylvia Scarlett Mary of Scotland (1936) como María Estuardo, raíña de Escocia A Woman Rebels (1936) como Pamela Thistlewiste Quality Street (1937) como Phoebe Throssel Damas do teatro (1937) como Terry Randall Domando a fera (1938) como Susan Vance Holiday (1938) como Linda Seton The Philadelphia Story (1940) como Tracy Samantha Lord Woman of the Year (1942) como Tess Harding Keeper of the Flame (1942) como Miss Christine Forrest Stage Door Canteen (1943) (cameo) Dragon Seed (1944) como Jade Tan Without Love (1945) como Jamie Rowan Undercurrent (1946) como Ann Hamilton The Sea of Grass (1947) como Lutie Cameron Brewton Song of Love (1947) como Clara Wieck Schumann State of the Union (1948) como Mary Matthews Adam's Rib (1949) como Amanda Bonner The African Queen (1951) como Miss Rose Sayer Pat and Mike (1952) como Patricia Pemberton Summertime (1955) como Jane Hudson The Rainmaker (1956) como Lizzie Curry Saias de aceiro (1956) como Vinka Kovalenko Desk Set (1957) como Bunny Watson Suddenly, Last Summer (1959) como Miss Violet Venable Long Day's Journey Into Night (1962) como Mary Tyrone A que non sabes quen vén cear esta noite? (1967) como Christina Drayton The Lion in Winter (1968) como Aliénor de Aquitania, raíña de Francia The Trojan Women (1971) como Hecuba A Delicate Balance (1974) como Agnes Rooster Cogburn (1975) como Eula Goodnight Olly Olly Oxen Free (1978) como Miss Pudd On Golden Pond (1981) como Ethel Trayer Grace Quigley (1985) como Grace Quigley Laura Lansing Slept Here (1986) como Laura Lansing Love Affair (1994) como Tía Ginny

Obras teatrais 1928 The Czarina: Lady-In-Waiting The Cradle Snatchers: Flapper The Big Pond: Barbara These Days: Veronica Sims Holiday Understudy 1929 Death Takes A Holiday: Grazia 1930 A Month In The Country: Katia The Admirable Crichton: Lady Agatha Lasenby The Romantic Young: Lady Amalia Romeo & Juliet: Kinswoman to the Capulets Art & Mrs Bottle: Judy Bottle 1931 The Animal Kingdom: Daisy Sage 1932 The Warrior's Husband: Antiope The Bride The Sun Shines On: Psyche Marbury 1933 The Lake: Stella Surrege 1936 Jane Eyre: Jane Eyre 1939 The Philadelphia Story: Tracy Samantha Lord 1942 Without Love: Jamie Coe Rowan 1950 As You Like It: Rosalind 1952 The Millionairess: Epifania 1957 The Merchant Of Venice: Portia Much Ado About Nothing: Beatrice 1960 Twelfth Night: Viola Antony & Cleopatra: Cleopatra 1969 Coco: Coco Chanel 1976 A Matter Of Gravity: Mrs Basil 1981 West Side Waltz Margaret'': Mary Elderdice

Premios Premios Oscar Ano Categoría Película Resultado1933Oscar á mellor actrizMorning GloryGañadora1935Oscar á mellor actrizAlice AdamsCandidata1940Oscar á mellor actrizThe Philadelphia Story Candidata1942Oscar á mellor actrizWoman of the YearCandidata1951Oscar á mellor actrizThe African Queen Candidata1955Oscar á mellor actrizSummertimeCandidata1956Oscar á mellor actrizThe RainmakerCandidata1959Oscar á mellor actrizSuddenly, Last SummerCandidata1962Oscar á mellor actrizLong Day's Journey Into NightCandidata1967Oscar á mellor actrizA que non sabes quen vén cear esta noite? Gañadora1968Oscar á mellor actrizThe Lion in WinterGañadora. Compartido con Barbra Streisand.1981Oscar á mellor actrizOn Golden PondGañadora Hepburn só acudiu á gala dos oscar en 1974 para entregar o Premio Irving Thalberg ao seu amigo Lawrence Weingarten.

Globos de Ouro