María Maceiras ou May Maceiras, nada en Miño en 1980, é unha xogadora profesional de póker galega.
Traxectoria deportiva Nada nunha familia de xogadores de póquer (avó, pai e irmán), Maceiras aprender a xogar co pai, Juan Antonio Maceiras (que foi alcalde de Miño durante moitos anos). O seu comezo no deporte foi a través de encontros e torneos de póker presenciais e a través de Internet a principios do século XXI. Así, foi a primeira muller en gañar, o 26 de agosto de 2007, unha proba do campionato de España.
Pertence ao equipo Everest Poker, e en abril de 2007 venceu o máis importante dos torneos de póker en liña onde só participan mulleres, o European Women’s Poker Tournament.
Ademais deste campionato europeo, ten xogado internacionalmente tanto no Reino Unido, onde gañou o Women World Open en 2008, coma nos Estados Unidos (nos torneos organizados polo Hotel Venetian y polo Caesar’s Palace en Las Vegas, por exemplo), e participou na World Poker Series en tres oportunidades.
Vida persoal Ademais de xogar ao póker, posúe unha axencia de publicidade en Mos, e vive en Vigo.
Notas
Categoría:Póker Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes