José Luis de Vilallonga y Cabeza de Vaca, nado en Madrid o 29 de xaneiro de 1920 e finado en Andratx, Mallorca, o 30 de agosto de 2007, foi un nobre, escritor e actor español.

Vida persoal José Luis de Vilallonga era fillo do barón de Segur e marqués de Castelvell, Grande de España, e neto por parte da nai do marqués de Portazgo. El herdou o marquesado e o título de Grande de España.

Os seus primeiros anos de vida transcorreron nunha Clínica de Múnic (Alemaña), onde se recuperou dunha enfermidade intestinal. Educado nos Xesuítas de Barcelona, marchou ao exilio a Biarritz coa proclamación da República, posto que a súa familia mantiña amizade persoal con Afonso XIII. O exilio durou só seis meses, pero axiña regresou a Francia a estudar, neste caso á vila de Arcachon. Ao producirse o golpe de estado de Francisco Franco, volveu ao seu país e alístase no bando nacionalista, no que chega a formar parte dun pelotón de execución.

Politicamente evolucionou dende o falanxismo da mocidade ao liberalismo democrático do final da ditadura. Simpatizou co comunismo e durante a transición foi voceiro da Junta Democrática. En 1981, dous días despois do intento golpista do 23-F Vilallonga afiliouse ao Partido Socialista Obreiro Español, pero abandonouno en 1994, tras os escándalos de corrupción.

Casou tres veces.

Traxectoria profesional Na Barcelona da posguerra empezou a colaborar na revista Destino e foi articulista para os xornais El Noticiero Universal e Diario de Barcelona, co que inicia o seu contacto coa literatura. Despois estudou a carreira diplomática sen rematala e marchou a vivir ao Reino Unido. Entre 1945 e 1950 dedicouse á cría de cabalos na Arxentina e en 1951 regresou a Francia, tras unha breve estancia en España.

A súa primeira novela Las Ramblas terminan en el mar narraba a súa experiencia durante a guerra, e como consecuencia da súa publicación prohibíronlle entrar en España, e non se establecería no seu país ata a democracia. Despois escribiu unha trintena de títulos máis tanto en castelán como en francés, e compaxinou o seu labor literario co xornalismo, entrevistando para a prensa estranxeira (Paris-Match, Maire-Claire ou Vogue a figuras da aristocracia española, cantantes e famosos. A súa relación coa prensa rosa non rematou aí, e ademais de colaborar en Interviú e de dirixir a edición española de Play Boy, participou en numerosos programas e parladoiros sobre temas do corazón. Así, foi condenado por calumnias en 1985 e foi obxecto de máis denuncias sen consecuencias. A medio camiño entre o xornalismo e a literatura, Vilallonga foi o autor de diversos libros de memorias, entre os que destaca a única biografía autorizada do rei Xoán Carlos I.

Tamén traballou no cine, sempre en pequenos papeis como actor. En 1958 estreouse con Os amantes, de Louis Malle e participou tamén en Breakfast at Tiffany's, o filme de Blake Edwards interpretado por Audrey Hepburn, así como nunha setentena de filmes, fundamentalmente españois e franceses, entre os que destacan Giulietta dos espíritos, de Federico Fellini e Patrimonio nacional e Nacional III, de Luis García Berlanga. Tamén coescribiu o guión do filme ¡Salsa!" (2000).

Obra literaria En francés Les gens de bien, 1955 L'heure dangereuse du petit matin, 1957 L'homme de sang, 1959 L'homme de plaisir, 1961 Allegro bárbaro, 1967 Fiesta, 1971 Gold Gotha, 1972 A pleines dents : entretiens avec Guy Monréal, 1973 Furia, 1974 Femmes, 1975 Solo, 1976 L'image de marque, 1976 Españas. La chute, 1977 Les gangrènes de l'honneur, 1977 Ma vie est une fête. Les cahiers noirs, 1988 Altesse, 1986 Le roi, 1993. A tradución española saíu publicada antes, en 1991 Le gentilhomme européen, 1992 Fellini , 1994

En castelán Las Ramblas terminan en el mar, 1954 Mujeres al descubierto, 1976 La nostalgia es un error, 1980 Los sables, la corona y la rosa, 1984 La imprudente memoria, 1985 Encuentros y encontronazos 1995 El sable del caudillo, 1997 Cartas desde París a mis paisanos los íberos, 1998 Franco y el Rey, 1998 Inolvidables mujeres, 1999 La cruda y tierna verdad, 2000, Otros mundos, otra vida, 2001, La flor y nata, 2002, La rosa, la corona y el marqués rojo, 2004, da serie "Memorias no autorizadas". Hojas al viento : cartas a mi nieta, 2003 Políticamente incorrecto, 2006

Filmografía Velaquí unha pequena listaxe dos principais filmes en que participou, co seu director e o nome do personaxe interpretado. 1958 : Os amantes de Louis Malle : Raoul Flores 1960 : L'Ennemi dans l'ombre de Charles Gérard : Georges Dandieu 1961 : Cita a medianoite de Roger Leenhardt : Bob 1961 : Les Mauvais coups de François Leterrier : Prévieux 1961 : L’Affaire Nina B de Robert Siodmak : Kurt 1961 : Breakfast at Tiffany's de Blake Edwards : o millonario brasileiro José da Silva Pereira 1962 : Cléo de 5 a 7 d’Agnès Varda : O amante de Cléo 1962 : Les Bonnes Causes de Christian-Jaque : Paul Dupré 1962 : La Loi des hommes Charles Gérard : O capelán 1963 : Mélodie en sous-sol d’Henri Verneuil : Monsieur Grimp 1965 : Giulietta dos espíritos de Federico Fellini : O amigo de Giorgio 1971 : Le Viager de Pierre Tchernia : Un oficial 1976 : Le Bon et les méchants de Claude Lelouch 1981 : Patrimonio nacional de Luis García Berlanga : Álvaro, sobriño do Marqués de Leguineche. 1982 : Nacional III de Luis García Berlanga : Álvaro, sobriño do Marqués de Leguineche.

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2007