O Morgullón é un lugar da parroquia de Piñeira, no concello lugués de Ribadeo.Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 10 habitantes (3 homes e 7 mulleres), 2 menos ca en 2007.

Sitúase ao leste, no extremo da parroquia e lindando coa parroquia veciña de Vilaselán. Trátase dun asentamento de veciños que cultivaban a terra e que agora aproveitaron para algunha explotación gandeira dada a riqueza dos pastos. Non había industrias nin outra clase de servizos. Cerca do lugar está o camposanto parroquial.

Notas

Lugares e parroquias

Lugares de Piñeira

Parroquias de Ribadeo

Categoría:Lugares de Ribadeo