O ácido cítrico é un ácido orgánico tricarboxílico presente na maioría das froitas, sobre todo en cítricos como o limón e a laranxa. A súa fórmula química é C6H8O7
É bo conservante e antioxidante natural que se engade industrialmente no envasado de moitos alimentos como as conservas vexetais enlatadas. No 2019 tense probado a súa efectividade como anticorrosivo protector do aceiro no espazo en substitución do ácido nítrico.
En bioquímica aparece como unha molécula intermediaria no ciclo do ácido tricarboxílico, proceso realizado pola maioría dos seres vivos.
O nome (normas IUPAC) é ácido 2-Hidroxi-1,2,3-propanotricarboxílico. Notas
Categoría:Ácidos Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Ciclo do ácido cítrico