Santiago Calatrava Valls, nado en Valencia o 28 de xullo de 1951, é un arquitecto español. A súa oficina atópase na cidade de Zürich, Suíza.

Traxectoria miniatura|esquerda|L'Hemisfèric na Cidade das Artes e das Ciencias (València). miniatura|Cidade das Artes e das Ciencias, en València. Santiago Calatrava naceu no barrio de Benimamet de Valencia. As familias de seus pais adicábanse á exportación de cítricos, o cal lle permitiu coñecer outros países de Europa.

miniatura|Auditorio de Tenerife. Á idade de oito anos, Santiago Calatrava ingresou nunha escola de arte para aprender debuxo e pintura, actividade que compaxinaba cos seus estudos escolares. Ós 13 anos a súa familia enviouno a París a través dun programa de intercambio estudantil. De volta a Valencia, rematou os seus estudos escolares e matriculouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valencia, onde se graduou como arquitecto e onde realizou un curso de posgraduado en urbanismo. A continuación, Calatrava, que se interesaba polas grandes obras dos mestres clásicos e que desexaba amplia-la súa formación, trasladouse en 1975 a Zürich, onde estudou durante catro anos enxeñaría civil no Instituto Federal de Tecnoloxía, no cal se graduou cun doutoramento.

No ano 2007 foille concedido o Premio Nacional de Arquitectura."Santiago Calatrava, Premio Nacional de Arquitectura", Galicia Hoxe.

Traballos e proxectos Rematada a súa etapa de estudos, traballou como profesor auxiliar no Instituto Federal de Tecnoloxía, onde comezou a aceptar pequenos encargos e a participar tamén en concursos de novos proxectos. En 1983 foille adxudicada a súa primeira obra de certa importancia, a estación de ferrocarril de Stadelhofen, situada xunto ao centro de Zürich onde tamén establecera o seu despacho. Ao ano seguinte, Calatrava deseñou a Ponte do 9 de Outubro en Valencia, o que marcou o comezo da construción de numerosas pontes que se lle irían encargando a partir de entón.

En 1989 Calatrava abriu o seu segundo despacho en París, mentres traballaba no proxecto da Estación de Ferrocarril do Aeroporto de Lión. Dous anos despois creou o seu terceiro despacho, esta vez en Valencia, onde traballaba nun proxecto de grandes dimensións, a Cidade das Artes e das Ciencias. Dende aquela o seu prestixio internacional non parou de medrar.

Estilo miniatura|Ponte do Alamillo, Sevilla. Na actualidade Calatrava é considerado como un arquitecto especializado en grandes estruturas que se caracteriza por unha extraordinaria estética e harmonía. Contrariamente ao que adoita ser común en moitos arquitectos, que ocultan as estruturas dos seus edificios, Calatrava convérteas en elementos esenciais e en obras de arte.

Calatrava recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo entre os que destaca o Premio Príncipe de Asturias das Artes no ano 1999. Foi nomeado Doutor honoris causa en doce ocasións.

Obras representativas miniatura|175px|Edificio BCE (Toronto, Canadá). Complexo Deportivo Olímpico (Atenas) Cidade das Artes e as Ciencias (Valencia): L'Hemisfèric (Cinema IMAX e planetario) Museo das Ciencias Príncipe Felipe L'Umbracle (Paseo cuberto) L'Oceanogràfic(O acuario máis grande de Europa) Palau de les Arts Reina Sofía (Edificio con tres auditorios para ópera, música e danza) El Ágora - en construción Torres verticais Alacant, Castelló e València e torre horizontal Mediterráneo. - en papel Ponte Lusitania (Mérida) Estación de Ferrocarril (Liexa, Bélxica) "A Peineta" (Ponte) (Valencia) Ponte de Europa (Orleans, Francia) Estación de metro "Alameda" (Valencia) Estación de Ferrocarril do Aeroporto (Lión, Francia) 2001, Museo de Arte (Milwaukee, Wisconsin) Ponte 9 d´Octubre (Valencia) Ponte Peonil Campo Volantín (Zubizuri) (Bilbao) Estación de Ferrocarril de Oriente (Lisboa) 2000, Aeroporto de Bilbao (Bilbao) 1992, Torre de Telecomunicacións de Montjuïc (Barcelona) Ponte do Alamillo (Sevilla) Edificio BCE (Toronto, Canadá) Llotja de Sant Jordi - Praza de España (Alcoi) Ponte Bac de Roda (Barcelona) Teatro Tabourettli (Basilea, Suíza) Estación de Ferrocarril Stadelhofen (Zürich, Suíza) Centro Internacional de Feiras e Congresos de Tenerife (Santa Cruz de Tenerife) Auditorio de Tenerife (Santa Cruz de Tenerife) Ponte da Muller (Buenos Aires, Arxentina) Tres pontes na comunidade Haarlemmermeer, Países Baixos 2011, Palacio de Congresos de Oviedo - en construción Turning Torso (Malmö, Suecia - inaugurado o 27 de agosto do 2005 Adegas Ysios (Laguardia, A Rioxa) Pabellon Kuwait (Expo'92, Sevilla) Ponte atirantado (Xerusalén) - en construción

Crítica

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de Santiago Calatrava Factoría Urbana: Biografía e obras principais

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Arquitectos de España do século XXI Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Premio Nacional de Arquitectura de España Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Lund Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Premio Creu de Sant Jordi