O graduado (en ) é un filme estadounidense dirixido por Mike Nichols que se estreou en 1967. Baséase na novela homónima de Charles Webb. Gañou un Oscar ó mellor director, e obtivo seis nomeamentos. En 1996, a película foi considerada «cultural, histórica e esteticamente significativa» pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.
Emitiuse en galego na TVG o 30 de abril de 1991.
Sinopse
Benjamin (Dustin Hoffman) acaba de graduarse da universidade e volve a casa a pasar unhas vacacións. O matrimonio Robinson, amigos dos seus pais de hai anos, interésase por el. O marido quere que saia coa súa filla Elaine (Katharine Ross), mentres que a súa esposa, a señora Robinson (Anne Bancroft) desexa ter relacións sexuais con el.
Logo de atoparse varias veces coa señora Robinson, quen lle prohibe ver a súa filla, Benjamin namórase de Elaine. Cando todo sae á luz, Benjamin atópase só e abandonado. Aínda así, loita para ver a Elaine e expresarlle os seus sentimentos.
Personaxes Anne Bancroft como Mrs. Robinson Dustin Hoffman como Benjamin Braddock Katharine Ross como Elaine Robinson William Daniels como Mr. Braddock Murray Hamilton como Mr. Robinson Elizabeth Wilson como Mrs. Braddock Buck Henry como Empregado do Hotel Walter Brooke como Mr. McGuire Brian Avery como Carl Smith Norman Fell como Mr. McCleery Marion Lorne como Home da festa Alice Ghostley como Home da festa
Banda sonora A banda sonora desta película está formada por cancións do dúo Simon and Garfunkel e foron compostas por Paul Simon. A maioría das cancións xa foran publicadas anteriormente, agás o éxito "Mrs. Robinson" que foi escrito para a película.
Galardóns e nomeamentos 1967: Oscar ó mellor director. 6 nomeamentos. 1967: BAFTA: Mellor filme. 1967: Globo de Ouro: Mellor filme: Comedia ou Musical.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1967 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Categoría:Filmes dirixidos por Mike Nichols Categoría:Filmes ambientados en 1967 Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1967 con versión en galego