José Jesús Perera López, nado o 12 de abril de 1980 en Olivenza (Badaxoz), é un futbolista español. Xoga de dianteiro centro e o seu equipo actual é o Gimnàstic de Tarragona.

Traxectoria Formouse na canteira do RCD Mallorca. No 2001 foi traspasado ó Albacete Balompié, co que alcanzou o Trofeo Pichichi de Segunda División no ano 2003, con 22 tantos, dous máis que o dianteiro David Villa. O seu papel esa tempada valeulle unha oportunidade en Primeira División grazas ó RCD Mallorca.

Na tempada 2005–06 foi traspasado ó Celta de Vigo, equipo no que militou até 2008. Na campaña 2008–09 foi contratado polo Rayo Vallecano onde estivo dúas tempadas, sendo a última cedido no Elche CF, que o contratou para a tempada 2010–11.

Na tempada 2011–12 fichou polo Atlético Baleares.

Palmarés Trofeo Pichichi (Segunda División): 2002–03.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Olivenza Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do Mérida AD