Nicole Mary Kidman, nada en Honolulú (Hawai) o 20 de xuño de 1967Selvatge (2007), p. 89, é unha actriz e produtora con dobre nacionalidade australiana e estadounidense. Gañou un Óscar, catro Globo de Oro, un Bafta e un Oso de Prata á mellor actriz, entre outros. Ten unha irmá máis nova, Antonia Kidman, que tamén é actriz.
Traxectoria miniatura|250px|Nicole Kidman.
Vida e familia Nicole foi a primeira das fillas do matrimonio formado por Anthony Kidman e Janelle Stuart, que casaron en decembro de 1963. Seu pai, bioquímico austaliano, era, daquela, un estudante de doutoramento nun instituto de investigación médica da Universidade de Hawái. Súa nai era enfermeira e activista feminista de Women's Electoral Lobby. Opostos á guerra de Vietnam, seus pais participaron en protestas contra a guerra cando estaban en Washington.Dickerson (2003), p. 2
Aos poucos de nacer Nicole, a familia trasladouse a Washington, D.C. onde o pai conseguira unha bolsa de estudos para investigar sobre o cancro de mama e ao mesmo tempo era profesor da universidade de Sidney, Tras eses primeiros catro anos vivindo en Estados Unidos, en 1971, a familia trasladouse a Australia.Thomson (2008), pp. 25-26
Kidman que comezara a tomar clases de ballet á idade de tres anos, en Australia ingresou nunha escola de teatro para mozos. O seu pai preocupábase de que ela e a súa irmá máis nova tivesen unha boa condición física, polo que lles facía realizar cada mañá exercicios de ximnasia.
Traxectoria profesional Segundo ela mesmo afirmou, seus pais dubidaban de que puidera chegar a ser actriz por ser máis alta cá maioría dos actores masculinos.Servitje (2007), p.87 Porén, cando tiña 16 anos (en 1983) Kidman iniciou a súa carreira de actriz cando interveu nunha película ambientada en Nadal, (Bush Christmas), que segue proxectándose frecuentemente na época do Nadal. Ó enfermar a súa nai de cancro de mama, Nicole Kidman abandonou os seus estudos escolares, pero unha vez que a súa nai se recuperou, retomou a súa carreira de actriz.Selvatge (2007), p. 90 Ó longo da década de 1980 apareceu en numerosas películas e series de televisión australianas.
En 1989 deuse a coñecer en Europa e en Estados Unidos coa película Calma total, rodada aínda en Australia, e co-protagonizada polo actor Sam Neill, tamén australiano e coa súa seguinte película, xa estadounidense, Days of Thunder, na que interpretou un papel xunto a Tom Cruise. Ao ano seguinte casou con Tom Cruise na noite de Nadal, nun lugar das Montañas Rochosas, no estado de Colorado. Inicialmente a voda mantívose en segredo. A parella adoptou dous fillos e viviu entre Os Ánxeles, Nova York e Colorado.
Kidman alcanzara xa fama, e demostrou as súas dotes de interpretación e a súa elegancia nas seguintes películas, nas que actuou con actores tan populares como Bruce Willis e Dustin Hoffman. En 1999 fixo xunto co seu marido Eyes Wide Shut, a que sería a última película do director Stanley Kubrick, e que tivo unha gran resonancia.
Uns anos despois, en 2002, Nicole Kidman divorciouse de Tom Cruise de xeito amigable. Segundo algunhas fontes a razón principal foi que Cruise insistiu en educar ós seus fillos segundo as crenzas da Ciencioloxía (creada por Ron Hubbard), mentres que Kidman quería que fosen educados segundo a tradición católica.
O maior recoñecemento profesional ata entón obtívoo Kidman en 2001, cando foi nomeada ó Oscar como mellor actriz principal polo seu papel en Moulin Rouge!.
Coa película de suspense Os outros, dirixida polo director español Alejandro Amenábar, rodada nese mesmo ano, tamén cultivou un éxito importante. Tivo que renunciar a intervir na película Panic Room debido a unha lesión no xeonllo contraído durante a rodaxe de Moulin Rouge!, pero no ano 2002 gañou o Oscar como mellor actriz principal pola súa interpretación do personaxe da escritora Virginia Woolf en The Hours.
O 25 de xuño de 2006 contrae matrimonio co cantante de música country, Keith Urban.
O 8 de xaneiro de 2008 anuncia que o seu primeiro fillo biolóxico, unha nena chamada Sunday Rose que nacería o 7 de xullo do mesmo ano.
Filmografía
+AnoFilmePersonaxeNotas1983Os bicivoadoresJudyBush ChristmasHelen1984The Wacky World of Wills & BurkeJulia Matthews1986WindriderJade1987Watch the Shadows DanceAmy GabrielThe Bit PartMary McAllister1988Emerald CityHelen1989Calma total Rae Ingram1990Days of ThunderDr. Claire Lewicki1991FlirtingNicola RadcliffeBilly BathgateDrew PrestonNomeada - Globo de Ouro á mellor actriz secundaria1992Far and AwayShannon Christie1993MaliceTracy KennsingerMy LifeGail Jones1995To Die ForSuzanne Stone MarettoGlobo de Oro á mellor actriz - Comedia ou Musical Nomeada - BAFTA á mellor actrizBatman Forever Dr. Chase Meridian1996The Portrait of a LadyIsabel Archer1997O pacificadorDr. Julia Kelly1998Practicamente maxiaGillian Owens1999Eyes Wide ShutAlice Harford2001Moulin Rouge!SatineGlobo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou Musical Nomeada - Oscar á mellor actrizThe Others Grace StewartNomeada - Globo de Ouro á mellor actriz - Drama Nomeada - BAFTA á mellor actrizBirthday GirlSophia/Nadia2002The HoursVirginia WoolfÓscar á mellor actriz Globo de Ouro á mellor actriz - Drama
BAFTA á mellor actriz2003DogvilleGrace Margaret MulliganThe Human StainFaunia FarleyCold MountainAda MonroeNomeada - Globo de Ouro á mellor actriz - Drama2004As mulleres perfectas Joanna EberhartBirthAnnaNomeada - Globo de Ouro á mellor actriz - - Drama2005The InterpreterSilvia BroomeBewitchedIsabel Bigelow/Samantha2006Fur: An Imaginary Portrait of Diane ArbusDiane ArbusHappy FeetNorma JeanVoz2007The InvasionDr. Carol BennellMargot at the WeddingMargotThe Golden CompassMarisa Coulter2008AustraliaLady Sarah Ashley2009NineClaudia Jenssen2010Rabbit HoleBecca CorbettTamén produtora Nomeada - Óscar á mellor actriz
Nomeada - Globo de Ouro á mellor actriz - Drama2011Just Go with ItDevlin AdamsTrespassSarah2012The PaperboyCharlotte BlessNomeada - Globo de Ouro á mellor actriz secundaria2013StokerEvelyn 'Evie' Stoker2014The Railway ManPatti LomaxGrace of MonacoGrace KellyBefore I Go to SleepChristine LucasPaddingtonMillicent2015StrangerlandCatherine ParkerQueen of the DesertGertrude BellThe Family FangAnnie FangSecret in Their EyesIrene2016GeniusAline BernsteinLionSue BrierleyNomeada - Oscar á mellor actriz secundaria Nomeada - Globo de Ouro á mellor actriz secundaria
Nomeada - BAFTA á mellor actriz secundaria2017The BeguiledMiss MarthaHow to Talk to Girls at PartiesRaíña BoadiceaThe Killing of a Sacred DeerAnna MurphyThe UpsideYvonne2018AquamanAtlannaBoy Erased
Premios e nomeamentos Oscars Ano Categoría Película Resultado2002Oscar á mellor actrizThe HoursGañadora2001Oscar á mellor actrizMoulin Rouge!Nomeada2011Oscar á mellor actrizRabbit HoleNomeada2017Oscar á mellor actriz secundriaLionNomeada
Premios Globos de Ouro AnoCategoríaPelículaResultado1992Mellor actriz secundariaBilly BathgateNomeada1996Mellor actriz - Musical ou comediaTo Die ForGañadora2002Mellor actriz - DramaThe OthersNomeadaMellor actriz - Musical ou comediaMoulin Rouge!Gañadora2003Mellor actriz - DramaThe HoursGañadora2004Mellor actriz - DramaCold MountainNomeada2005Mellor actriz - DramaBirthNomeada2011Mellor actriz - DramaRabbit HoleNomeada2013Mellor actriz secundariaThe PaperboyNomeadaMellor actriz - Miniserie ou telefilmHemingway & GellhornNomeada2017Mellor actriz secundariaLionNomeada
Premios BAFTA AnoCategoríaPelículaResultado1996Mellor actrizTo Die ForNomeada2002Mellor actrizThe OthersGañadora2003Mellor actrizThe HoursNomeada2017Mellor actriz secundariaLionNomeada
Festival de Berlín AnoCategoríaPelículaResultado2003Mellor actrizThe HoursGañadora
Premios Goya AnoCategoríaPelículaResultado2001Mellor actrizThe OthersNomeada
Premios Emmy AnoCategoríaPelículaResultado2012Mellor actriz - Miniserie ou telefilmHemingway & GellhornNomeada
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Actores infantís de Australia Categoría:Actores de Hawai Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz de Australia Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema de Australia Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en Honolulu, Hawai Categoría:Nados en 1967 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Óscar á mellor actriz