miniatura|300px|Algúns dos premiados na edición de 2014. Os Premios María Casares son uns galardóns entregados anualmente pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia que destacan os mellores espectáculos, actores e actrices e profesionais técnicos da temporada teatral anterior. Concedéronse por vez primeira no ano 1997 e reciben o nome de María Casares debido á que foi a actriz galega con máis éxito internacional de sempre. Os gañadores son decididos por todas as persoas asociadas mediante votación electrónica. Descrición A gala de entrega realízase no teatro Rosalía de Castro, na Coruña, en datas próximas ao Día Mundial do Teatro (27 de marzo). Os patrocinadores habituais son o Concello e a Deputación da Coruña, a AGADIC, a Fundación AISGE, a SGAE e nos últimos anos contou coa colaboración do Padroado da Cultura do Concello de Narón, do Centro Dramático Galego e de Gadis. Ademais, é emitida a través da primeira canle da Televisión de Galicia e das redes sociais, menos na edición de 2019 que foi transmitida exclusivamente a través da plataforma YouTube.

A mecánica é a habitual deste tipo de entregas, aínda que con varias peculiaridades. Desde o comezo, o obxecto entregado a cada gañadora era unha cunca de Sargadelos coa cara de María Casares, mais en 2019 substituíuse por un deseño da ceramista Paula Pereira. A escenografía, música e guión de cada edición son encargadas a unha compañía ou dirección diferente, realizando representacións entre as entregas e agradecementos. A edición de 2010 foi conducida por Voadora, a de 2014 por Ibuprofeno Teatro, a de 2015 por Elefante Elegante, a de 2016 por Chévere, a de 2018 por Talía Teatro e a de 2019 polos directores Carlos Sante e Juanillo Esteban.

En cada edición tamén é lido o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, repasando os resultados da temporada pasada e facendo habitualmente alegacións á melloría das condicións de traballo do gremio e á importancia do sector no universo cultural galego.

Resultados miniatura|Escenografía da gala de 2014. Por compañías, tanto Sarabela Teatro ten 39 galardóns acadados e o Centro Dramático Galego levaba 37 en 2013. Teatro do Atlántico conseguira 18, Teatro de Aquí 14 e Lagarta Lagarta 10.

Por individuos, o iluminador e escenógrafo Baltasar Patiño e o escenógrafo Carlos Alonso teñen once, e a maquilladora Carmela Montero, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, o escritor e actor Avelino González, a directora Ánxeles Cuña e o iluminador, actor e escenógrafo Suso Díaz Seoane, 7.

2020: XXIV A tradicional gala foi suspendida por mor da pandemia da COVID e substituída por unha entrega virtual que se fixo pública a través da rede.

Bernarda, de Malasombra Producións: espectáculo, texto orixinal (Jose Prieto), actriz secundaria (Celia González) e dirección (Jose Prieto ex aequo). O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia: dirección (María Peinado, ex aequo), adaptación-tradución. Liberto, de Rebordelos: actriz protagonista (Rocío González), música orixinal (Lucía Aldao). Umm! Unha comedia musical para chupar os dedos, de Avento Teatro: espectáculo infantil. Idiota, de Redrum Teatro: mellor actor protagonista (Machi Salgado). MedidaxMedida, de Producións Teatráis Excénctricas en coprodución co FIOT: mellor actor secundario (Josito Porto). Neorretranca e posmorriña, do Centro Dramático Galego: escenografía (Marta Pazos). O empapelado amarelo, de A Quinta do Cuadrante: Iluminación (Laura Iturralde). Despois das ondas, de ButacaZero: vestiario (Carlos Pinilla) Vida de Cans, de Talía Teatro: maquillaxe (Martina Cambeiro).

2021: XXV

A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, catro galardóns: espectáculo, dirección (Gonçalo Guerreiro), actor secundario (Fran Lareu) e adaptación-tradución (Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro). Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada, tres: actriz protagonista (Marta Alonso Tejada), iluminación (Laura Iturralde) e dirección (Marta Alonso Tejada ex aequo con Gonçalo Guerreiro). Microspectiva dun Marica Millennial, dous: actor protagonista (Davide González)  e texto orixinal (Vanesa Sotelo e Davide González). Mellor espectáculo infantil: Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández. O mozo da última fila, de Redrum Teatro: mellor actriz secundaria (Belén Constenla). 32m2, de Butacazero: escenografía (Beatriz de Vega). Dreaming Juliet, de Elefante Elegante: vestiario (Diego Valeiras).   O Premio, de La Quintana Teatro: maquillaxe (Fani Mosqueira)  A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico;: música orixinal (Vadim Yukhnevich).

2022: XXVI

Cigarreiras, de Contraproducións e Teatre Romea, tres galardóns: ao mellor espectáculo, á dirección (Cándido Pazó) e á escenografía (Dani Trillo). Terceiro Acto do Centro Dramático Galego, dous galardóns: actriz protagonista para Belén Constenla e actor protagonista para Eduard R. Cunha Tatán. Dous para Comando Comadres, de Matrioshka Teatro (actriz secundaria para Anabell Gago e maquillaxe para LaPelu F. Silva) Dous para Othello, de Voadora (iluminación para Nuno Meira e vestiario para Silvia Delagneau). Mellor espectáculo infantil: Hugo, de Os Náufragos Teatro. A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante: premio á adaptación-tradución para Vanesa Sotelo. Premio do texto orixinal: A parábola do angazo, de Talía Teatro, cuxa autoría comparten Marta Lado, Araceli Gonda, Jose Prieto, Artur Trillo, Séchu Sende e Diego Rey. A cazola de Lola, de Tanxarina: música orixinal, que asina Ailén Kendelman. Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro: actor secundario, que recoñeceu a Fernando Dacosta Premio de Honra Marisa Soto a Lino Braxe.

2023: XXVII

As que limpan da Panadaría levou catro galardóns, o de mellor espectáculo, mellor dirección (Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro), mellor texto orixinal (Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro) e mellor actriz protagonista (Noelia Castro). O porco de Pé ( Producións Teatráis Excéntricas), acadou tres galardóns (adaptación-tradución para Quico Cadaval e Pepe Sendón, vestiario para Carlos Alonso e actor secundario para Evaristo Calvo). Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro, dous (espazo sonoro para Mon Orencio e actor protagonista para Josito Porto). Outros dous foron para Ás oito da tarde, cando morren as nais do Centro Dramático Galego (espazo escénico para Blanca Añón e dirección de movemento para Rut Balbís, este último ex aquo). O deus do pop, de Diego Anido, utros dous (Iluminación para Montse Piñeiro, Raquel Hernández e Pedro Fresneda e dirección de movemento para o propio Diego Anido e Guillermo Weickret, este último ex aquou). Xela contra o dragón Traga-Verbas (Tïteres Cachirulo) gañou na nova categoría de monicreques, obxectos e figuras animadas. No apartado de espectáculo infantil gañou Caramuxo Teatro con A nena que vivía nunha caixa de mistos. Papagena, de ButacaZero (maquillaxe para Diego Valeiras) A peste, do Centro Dramático Galego (actriz secundaria para María Roja).

2024: XXVIII

Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, gañou sete galardóns: mellor espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actriz protagonista, actor secundario, espazo escénico e iluminación. O Auto do Castromil de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG dous: dirección e vestiario. Deadpan Karaoke, de Ibuprofeno Teatro, dous: maquillaxe e espazo sonoro. Nanai da China, de Pérez&Fernández, mellor espectáculo de monicreques. Crisálida, de Caramuxo Teatro, o mellor espectáculo infantil. O premio á dirección compartírono Quico Cadaval (O Auto do Castromil) e Tito Asorey (Unha inimiga do pobo), Actriz protagonista: Marta Lado (Unha inmiga do pobo), Actor protagonista: Toni Salgado (Shakespeare en Roma, do CDG), Actriz secundaria: María Roja (Entrega en Man, de Contraproducións) Actor secundario: Toño Casais (Unha inimiga do pobo).

2025: XXIX Iribarne, de ButacaZero, leva nove dos 12 galardóns aos que aspiraba: espectáculo, dirección, dirección de movemento, texto orixinal, actriz protagonista, actor protagonista, espazo sonoro, vestiario e espazo escénico, este último compartido con O dragón de ouro.

MAQUILLAXE: Rocío Salgado e Fernanda Barrio por PUM! PUM! Quen hai?, de Ártika. VESTIARIO: Diego Valeiras por Iribarne, de ButacaZero. ILUMINACIÓN: Laura Iturralde por O dragón de Ouro, de Sarabela Teatro. ESPAZO ESCÉNICO: (ex aequo) Iris Branco por O dragón de ouro, de Sarabela Teatro, e Diego Valeiras e Xavier Castiñeira por Iribarne, de ButacaZero. ESPAZ SONORO:  Berto por Iribarne, de ButacaZero. ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Catuxa Pato por O dragón de ouro, de Sarabela Teatro. TEXTO ORIXINAL:  Esther F. Carrodeguas por Iribarne, de ButacaZero. ACTOR PROTAGONISTA: Anxo Outumuro por Iribarne, de ButacaZero. ACTRIZ PROTAGONISTA: Lidia Veiga por Iribarne, de ButacaZero. ACTRIZ SECUNDARIA: Sabela Gago por O dragón de ouro, de Sarabela Teatro. ACTOR SECUNDARIO: Toni Salgado por Apaga o candil, de Contraproducións. DIRECCIÓN: Xavier Castiñeira por Iribarne, de ButacaZero. DIRECCIÓN DE MOVEMENTO: Sabela Domínguez por Iribarne, de ButacaZero. ESPECTÁCULO: Iribarne, de ButacaZero. ESPECTÁCULO INFANTIL: Monstros, de Producións Teatráis Excéntricas. ESPECTÁCULO DE MONICREQUES: Os contos do Lobicán, de Redrum Teatro.

2026: XXX O 8 de abril de 2026 o teatro celebrou a súa gran festa no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Eva Fórneas, abriu a gala.

Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, triunfou nos María Casares: premios ao Mellor Espectáculo, Mellor Dirección (Santiago Cortegoso, Carlos Álvarez-Ossorio e Natalia Feijoo), Mellor Texto Orixinal (Santiago Cortegoso), Mellor Espazo Sonoro (Alonso Caxade), Mellor Actor Secundario (Fran Lareu) e Mellor Actriz Secundaria (Cristina Collazo).

MAQUILLAXE: Ártika Cía, por O libro da selva, o musical . VESTIARIO: Carolina Díguele, por Alta costura. ILUMINACIÓN: TROMSØ, de Morraoconto. ESPAZO ESCÉNICO: TROMSØ, de Morraoconto. ESPAZO SONORO: Alonso Caxade, por Reconversión. ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Berenguela na gaiola (Galeatro e Xarope Tulú) TEXTO ORIXINAL:  Santiago Cortegoso, por Reconversión. ACTOR PROTAGONISTA: Fran Lareu, por Un tal Romeo (aRamboia). ACTRIZ PROTAGONISTA: Natalia Pajarito, por clopen, produción do Centro Dramático Galego. ACTRIZ SECUNDARIA: Cristina Collazo, por Reconversión. ACTOR SECUNDARIO: Fran Lareu, por Reconversión. DIRECCIÓN: Santiago Cortegoso, Carlos Álvarez-Ossorio e Natalia Feijoo, por Reconversión. DIRECCIÓN DE MOVEMENTO: Marta Alonso Tejada, por clopen, produción do Centro Dramático Galego. ESPECTÁCULO: Recoversión. ESPECTÁCULO INFANTIL: Berenguela na gaiola (Galeatro e Xarope Tulú). ESPECTÁCULO DE MONICREQUES: A Biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica (Tanxarina). Premio de Honra Marisa Soto, á actriz e activista Luma Gómez.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

María Casares Revista Galega de Teatro Escena Galega

Ligazóns externas

Información sobre todas as edicións dos Premios na páxina da AAAG Galas de premios á carta na web da TVG Asociación de Actores e Actrices de Galicia