Te doy mis ojos é unha película española dirixida por Icíar Bollaín no ano 2003 e protagonizada polo actor galego Luís Tosar.

Sinopse

Pilar (Laia Marull) foxe en plena noite da súa casa, situada nun barrio periférico e residencial de Toledo; leva consigo ó seu fillo duns oito anos. Na súa fuxida busca refuxio en casa da súa irmá, unha restauradora de arte que leva unha vida independente á beira da súa parella escocesa, ambos residen na parte vella e histórica de Toledo.

Pilar é unha vítima máis dos malos tratos conxugais, que intenta refacer a súa vida e empeza a traballar como caixeira de visitas turísticas na igrexa que alberga O enterro do Conde Orgaz; a través do seu novo traballo comeza a relacionarse con outras mulleres. Antonio (Luís Tosar), o seu marido, emprende a súa busca e a súa recuperación, promete cambiar e busca axuda nun psicólogo. Segundo palabras de Icíar Bollaín:

«Te doy mis ojos conta a historia de Pilar e Antonio pero tamén de quen os rodean, unha nai que consente, unha irmá que non entende, un fillo que mira e cala, unhas amigas, unha sociedade e unha cidade como Toledo que engade co seu esplendor artísitico e o seu peso histórico e relixioso unha dimensión máis a esta historia de amor, de medo, de control e de poder.»

Elenco Laia Marull como Pilar Luís Tosar como Antonio Rosa María Sardá como Aurora Candela Peña como Ana Kiti Manver como Rosa Sergi Calleja como terapeuta Nicolás Fernández Luna como Juan Dave Mooney como John Elisabet Gelabert como Lola Chus Gutiérrez como Raquel Elena Irureta como Carmen

Premios Premios Goya A película gañou 7 figuras na XVIII edición dos Premios Goya:

Mellor película Mellor dirección: Icíar Bollaín Mellor interpretación feminina protagonista: Laia Marull Mellor interpretación masculina protagonista: Luís Tosar Mellor interpretación feminina secundaria: Candela Peña Mellor guión orixinal: Icíar Bollaín e Alicia Luna Mellor son: Valiño, Piñeiro, Crespo e Gutiérrez

Cunchas de Prata Te doy mis ojos conseguiu dúas Cunchas de Prata no Festival Internacional de Cine de Donostia, 2003: Cuncha de Prata á mellor actriz: Laia Marull Cuncha de Prata ó mellor actor: Luís Tosar

Outros Premio CEC (Círculo de Escritores Cinematográficos)

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Icíar Bollaín Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre violencia doméstica Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película