Hugo Pratt (Ugo Eugenio Prat), nado en Rimini o 15 de xuño de 1927 e finado en Pully o 20 de agosto de 1995, foi un debuxante de banda deseñada italiano, creador do aventureiro Corto Maltés.

Traxectoria Naceu en Rímini, Italia o 15 de xuño de 1927, pero criouse e estudou en Venecia. En 1937 marchou coa súa nai a Abisinia, colonia italiana na actual Etiopía, onde o seu pai era funcionario. Con trece anos alistouse como voluntario no Batallón Autónomo da Policía da África Italiana. Con 17 anos regresa a Italia. Nese momento xa é un apaixonado da banda deseñada norteamericana. Funda conxuntamente con Ongaro, Faustinelli e Battaglia o "Grupo de Venecia" para realizar historietas ao estilo americano. Debutou no ano 1945 publicando a súa primeira historieta Asso di Picche (As de Picas). En 1950 o grupo viaxa á Arxentina contratado pola Editorial Abril.

Na Arxentina vai ser onde cre as súas personaxes Sarxento Kirk (1953) e Ernie Pike (1956). En 1959 fai a súa primeira historieta integral Ann e Dan (ou Ana da Xungla), á que segue Capitán Cormorant (1962) e Wheeling (1962). Volta a Italia no 1963, onde en 1967 comeza a saga d´A balada do Mar Salgado, onde aparece por primeira vez o aventureiro Corto Maltés, a súa personaxe máis coñecida. No 1969 crea Os Escorpións do Deserto, saga que narra as aventuras e desventuras do tenente(ascendido a capitán e logo a maior) polaco Koinski pertencente a seción dos Escorpións do Deserto integrada no Exército do Nilo que actuou na África de 1940 durante a segunda guerra mundial. Entre o ano 1970 e 1973 comeza a publicar na revista francesa ¨Pif¨ os episodios das aventuras do Corto Maltés que serán as que lle dean o recoñecemento e a fama. Dos anos setenta ata principios dos noventa debuxará e escribirá as longas sagas do Corto (dende Corto Maltés en Siberia (1974) ata Mú (1988) ).

En todos os seus traballos pálpase a presenza dos grandes autores de aventuras aos que admiraba (Joseph Conrad, Hermann Melville, Stevenson, Kipling, Jack London, Antoine de Saint-Exupéry etc.).

Tanto Corto como Koinski e outros personaxes principais creados polo seu xenio caracterízanse por falar cos seus actos e ser moi parcos no uso das palabras. Ademais os seus actos veñen determinados polos ideais individuais e non polos factores externos cunha forte tendencia antisistema, creando deste xeito antiheroes cuxos actos os converten en defensores dos débiles e da vida humana por riba de calquera outro valor.

Logo de vivir en Italia, Etiopía, a Arxentina, o Brasil e Francia, asentouse en Lausana, (Suíza) onde morreu o 20 de agosto de 1995.

Obra

Asso di picche / L'as de pique / As de picas. Sargento Kirk. Ticonderoga (1957-1958), con guión de Héctor Oesterheld. Ernie Pike (1957-1959), guión: H. Oesterheld. Fanfulla. Ana da Xungla / Ann y Dan / Anna nella giungla / Ann of the Jungle / Ann de la jungle (1959). Capitan Cormorant (1962). Wheeling (1962). Corto Maltés / Corto Maltese (1967-92): A balada do mar salgado / La Ballade de la mer salée (1967). Baixo o signo de Capricornio / Sous le signe du Capricorne (1970). Sempre un pouco máis lonxe / Corto toujours un peu plus loin (1970). As célticas / Les Celtiques (1971). As etiópicas / Les ethiopiques (1972). Corto Maltés en Siberia / Corto sconta detta Arcana / Corto Maltese en Sibérie (1974). Fábula de Venecia / Favola di Venezia - Sirat Al-Bunduqiyyah / Fable de Venise (1977). A casa dorada de Samarcanda / La casa dorata di Samarcanda / La Maison dorée de Samarkand (1980). A xuventude de Corto / La Jeunesse de Corto (1981). Tango (1985). As helvéticas / Elvetiche / Les Helvétiques (1987). Mu (1988). Os Escorpións do deserto / Gli scorpioni del deserto / Les scorpions du desert / The Scorpions of the Desert (1969-92): Les scorpions du désert [episodio 1] (1969-73). Piccolo chalet... (1975). Aixadas Dancali / Vanghe Dancale (1980). Dry Martini Parlor (1982). Brise de mer (1992). Sven - L'homme des Caraïbes (1976). A mancumba do gringo / La macumba du gringo (1977). Ao oeste do Edén / À l'Ouest de l'Éden (1978). Xesuita Joe / Jesuit Joe (1980). Tutto ricominciò con un'estate indiana. Cato Zulu (1984-88). O gaucho (1991), dibuxos: Milo Manara. Saint-Exupéry - O último vo / Saint-Exupéry - Le dernier vol (1994). Morgan (1995). Verán indio, dibuxos: Milo Manara.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio Oficial Páxina do autor en dreamers.com Hugo Pratt e Corto Maltés Os arquivos Hugo Pratt

Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Finados por cancro colorrectal Categoría:Artistas de Italia Categoría:Nados en Italia