O topónimo Douro pode referirse a:
o río Douro, un dos ríos máis longos da Península Ibérica. Ao seu paso por Castela recibe o nome de río Duero.
Este curso fluvial dá nome a varias localidades e rexións portuguesas polas que flúe: o lugar de Río Douro, freguesía do concello portugués de Cabeceiras de Basto; a comunidade urbana (ComUrb) de Douro; a subrexión de Douro, da Rexión Norte de Portugal; a provincia do Douro, antiga provincia portuguesa creada en 1832; a provincia de Douro Litoral, antiga provincia portuguesa creada en 1936; a antiga provincia de Trás-os-Montes e Alto Douro; a rexión viñateira de Alto Douro, de onde sae o viño do Porto, declarada como Patrimonio da Humanidade por paisaxe cultural; o Parque Natural Douro Internacional.
Véxase tamén Outros artigos Duero