Aida é unha ópera en catro actos do italiano Giuseppe Verdi. Estreouse na Ópera do Cairo o 24 de decembro de 1871 co gallo da inauguración do Canal de Suez.
Características O libreto escribiuno Antonio Ghislanzoni partindo da obra de Auguste Mariette. Está ambientada en Menfis e en Tebas na época dos faraóns. Os principais personaxes son: faraón de Exipto (baixo), a súa filla Amneris (mezzosoprano), Aída, a escrava filla do rei etíope Amonastro (soprano), Radamés, xeneral exipcio (tenor), Ramphis, sumo sacerdote (baixo), Amonastro, rei de Etiopía e pai de Aída (barítono). É unha ópera da etapa final de Verdi, na que as diferenzas entre recitativos e arias vanse diluíndo, o que dalgún xeito o aproximará a Wagner.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas no Cairo Categoría:Óperas de 1871